INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 25 DE SETEMBRO DO 2024
Informamos a continuación, sendo fieis ao noso compromiso, dos asuntos de maior interese para o persoal tratados na reunión do Consello de Goberno deste mércores, 25 de setembro.
Con respecto aos temas máis directamente relacionados co PAS (agora PTXAS) o máis salientable era o da modificación da RPT que afectaba ao Servizo de Deportes e ao Parque móbil, que contaba coa conformidade do comité intercentros e resultou aprobada con un voto en contra e o resto a favor.
En Deportes, créase un posto de Técnico/a Superior de Actividades Deportivas e suprímense dous postos que estaban sen cubrir de Técnico Especialista.
En canto ao Parque Móbil, o cambio vén a afianzar a existencia do posto de traballo de Condutor no campus de Lugo, que ata agora tiña como misión facer de condutor/a do vicerreitor e agora transportará aos alumnos de prácticas, polo que pasa a posto singularizado con xornada irregular e con requirimento de Permiso para vehículos de máis de 8 pasaxeiros.
Esta xuntanza, que era a primeira do Consello de Goberno neste novo curso académico 2024-2025 serviu tamén para dar conta, entre outras, das seguintes cuestións:
- O Reitor informou sobre as condicións nas que se vai financiar o Campus da Saúde, aclarando dúbidas sobre a cuestión.
- Tamén informou o Reitor, a petición de CUPAS, sobre o inminente proceso para a elaboración dos novos estatutos, que vén esixido pola entrada en vigor o pasado mes de marzo da nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU)
Noutros puntos da orde do día tratáronse cuestións relativas á creación de cátedras institucionais, planificación e prazas de PDI e algunha cuestión de organización académica.
Recordamos, por se nos queres facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, que a representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | CABADO LOURÉS, ANXOS |
GARCÍA ANGULO, MINIA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | EIROA ROSADO, ELISA |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | TABERNERO DUQUE, FERNANDO |
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
