INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE XANEIRO DO 2025
Co ánimo de dar conta unha vez máis da nosa actividade e participación como representantes do PAS no Claustro e no Consello de Goberno, informamos a continuación dos principais asuntos de interese tratados na xuntanza do Consello de Goberno do xoves 30 de xaneiro:
Dos 18 puntos que incluía a orde do día desta xuntanza, sen dúbida os dous asuntos de maior interese e relevancia para o persoal eran os dous puntos nos que se trataba das modificacións das RPTs do PTXAS funcionario, que resultou aprobada por unanimidade, e do PTXAS laboral que tamén resultou aprobada e que recibiu os nosos votos en contra.
Entre os asuntos de maior interese para o persoal, hai que mencionar tamén a información transmitida polo Reitor a respecto da reforma dos estatutos, e a recente constitución do grupo de traballo sobre a carreira profesional do Persoal de Capítulo VI, da que informou o xerente.
RPT Persoal Funcionario:
Con respecto as modificacións do PAS funcionario, que resultou aprobada por asentimento, o mais importante era o cambio de adscrición de subgrupo dos postos ocupados polas persoas que promocionaron a A2, e que ata agora estaban adscritos a C1/C2. O cambio afecta a 20 postos que se adscriben tamén ao subgrupo A2, e que non cambian de posto ao acceder á promoción.
Dáse así cumprimento ás emendas de CUPAS aos orzamentos de 2020, plasmadas despois no acordo sindical na Mesa Xeral de PAS ao aprobar a OPE dese ano, que permitiu levar a cabo a promoción a A2 que está a punto de rematar e á que accederon 31 persoas. Neste sentido, sería inxusto minusvalorar o traballo que facemos os representantes de CUPAS no claustro ou os representantes sindicais que participan na Mesa de PAS. Os outros cambios na RPT de PAS funcionario consisten basicamente na creación de cinco postos C1/C2, a supresión de 4 postos vacantes e da Oficina de Captación Internacional; así como algúns cambios de adscrición ou compartición, que afectan a outros sete postos
RPT Persoal Laboral:
As modificacións da RPT Laboral viña acompañada dun informe do comité intercentros no que se solicitaba a retirada do punto referido á modificación de requisitos de posto da categoría de condutor, requiríndose permiso de conducir D e CAP de transporte de viaxeiros/as por estrada.
O resto de modificacións eran cambios no nome dalgunhas categorías e postos, creación de dous postos, un cambio de quenda, e a modificación de requisitos dos dous postos adscritos ao crematorio de Veterinaria.
Finalmente a modificación da RPT laboral, resultou aprobada ao ter unicamente en contra os votos de CUPAS.
Outros asuntos
Hai que salientar, como xa mencionamos ao principio, que o reitor e o xerente deron conta tamén do proceso de reforma dos estatutos, cuxo borrador se debaterá a mediados de febreiro no Consello de Goberno, e da recente constitución do grupo de traballo sobre a carreira do Persoal de Capítulo VI.
Con respecto ao resto da orde do día, nesta xuntanza aprobáronse, entre outros, as axudas Beatriz Galindo, e os premios extraordinarios de grao, máster e doutoramento, os regulamentos de creación e funcionamento de Centros Singulares e de traballos de fin de estudos de varios graos, aspectos relacionados coas cátedras institucionais ou a actualización de tarifas do servizo de limpeza.
Sobre calquera destes asuntos podes facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións. A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | CABADO LOURÉS, ANXOS |
GARCÍA ANGULO, MINIA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | EIROA ROSADO, ELISA |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | TABERNERO DUQUE, FERNANDO |
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
