INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 28 DE MAIO DO 2025

Unha vez máis, atendendo ao noso compromiso de informar da actividade que desenvolvemos no Claustro e no Consello de Goberno, os representantes do persoal no Consello de Goberno agrupados en CUPAS, queremos trasladar a información máis salientable sobre os asuntos tratados na última xuntanza do mércores 28 de maio.

A orde do día desta xuntanza tiña un total de 28 puntos, a maioría deles relacionados con cuestións de profesorado e de organización académica ou titulacións. No referente ao persoal había principalmente dous asuntos que tiñan que ver directamente co PTXAS funcionario: o regulamento dos niveis mínimos e máximos e o baremo do concurso de traslados.

Non estaba na orde do día, pero na xuntanza rexistráronse tamén comentarios sobre a pretensión anunciada, esa mañá, pola universidade da Coruña de iniciar o proceso de solicitude e implantación da titulación de Medicina.

Entre os acordos desta reunión do Consello de Goberno figura tamén a modificación do calendario académico, fixándose como festivo universitario o 4 de setembro, día da inauguración do próximo curso.

O Consello de Goberno aprobou por asentimento, sen votos en contra nin abstencións, o Regulamento de niveis mínimos e máximos escalas e corpos de PTXAS funcionario. O intervalo de niveis para cada grupo ou subgrupo estaban bastante desfasados; sobre todo dende as melloras aplicadas en 2021 na RPT da USC, que entre outras cousas elevaron o mínimo do C2 ata o nivel 17.

En ausencia de normativa propia, á hora de aplicar a consolidación do grao persoal habería que empezar nun nivel bastante inferior ao do posto que realmente se ocupa, dado que a normativa supletoria de aplicación (Xunta e Estado) fixa uns niveis bastante inferiores aos da nosa RPT.

A nova táboa de niveis mínimos, a partir dos cales o persoal funcionario da USC comezará a consolidar o grao correspondente ao nivel básico do seu corpo ou escala, e que se aplicará ao persoal de novo ingreso con efectos retroactivos, é a seguinte:

Tamén se aprobou nesta xuntanza a modificación do baremo de méritos do concurso de funcionarios, que viña informada favorablemente pola Xunta de PTXAS funcionario, como paso previo á convocatoria inminente do concurso ordinario e específico.

Os cambios consisten, unicamente, en adaptar o baremo vixente á nova Lei Orgánica do Sistema universitario (LOSU) e á sentenza xudicial recaída con ocasión do anterior concurso. Elimínase, polo tanto, a referencia do baremo anterior á minoración no 25% da valoración dos servizos prestados en calquera universidade pública.

Na reunión comentouse tamén a noticia, desa mesma maña, de que a universidade da Coruña viña de comunicar que iniciará o proceso de solicitude e implantación da titulación de Medicina. Con respecto a este tema, dende CUPAS queremos sumarnos á apelación feita polo Reitor ao respecto institucional e ao cumprimento dos acordos e pactos asinados polas institucións que compoñen o Sistema Universitario de Galicia.

O Consello de Goberno tamén acordou a modificación do calendario académico para o próximo curso 2025-2026. Por unha parte, para regular as dúas datas opcionais acordadas en abril pasado para a revisión de cualificacións das materias e, por outra, para modificar a data prevista do acto oficial de inauguración do curso no SUG, que este ano se celebrará na USC, quedando establecida no xoves 4 de setembro que terá carácter de festivo para o persoal.

Nesta xuntanza abordáronse tamén outros asuntos, a maioría deles relacionados con cuestións de profesorado ou con normativas académicas e de titulacións.


Sobre calquera dos asuntos tratados na xuntanza do Consello de Goberno, ou doutros relacionados co persoal, podes facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións. A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
DÍAZ PÉREZ, JOSÉCABADO LOURÉS, ANXOS
GARCÍA ANGULO, MINIAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINEIROA ROSADO, ELISA
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME
PÉREZ TRIGO, ELISEOTABERNERO DUQUE, FERNANDO
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR