INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 27 DE XUÑO DO 2025
Atendendo, unha vez máis, ao noso compromiso de informar da actividade que desenvolvemos no Claustro e no Consello de Goberno, os representantes do persoal agrupados en CUPAS informamos a continuación dos asuntos de maior interese para o persoal tratados na reunión do Consello de Goberno do pasado venres, 27 de xuño.
Dos 24 puntos da orde do día, os dous temas máis directamente relacionados cos nosos intereses eran a aceptación das contas da USC do exercicio 2024 e a modificación da RPT. Cabe destacar tamén, entre os demais asuntos que tamén se debateron na xuntanza, a intención por parte da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de suprimir o máster en Matemáticas da USC, e a pretensión da universidade de Coruña dunha nova Facultade de Medicina.
Contas anuais da USC 2024
As contas, que foron aprobadas por asentimento, presentan resultados positivos; constatándose un superávit orzamentario de 1,65 millóns €. Este resultado deriva principalmente dos proxectos de investigación financiados cos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
As principais fontes de ingreso da USC están constituídas polas transferencias da Comunidade Autónoma de Galicia, derivadas da aplicación do Plan Galego de Financiamento Universitario (PGFU) que acadaron un importe de 216 millóns €, o que supón un incremento de 15,5 millóns (un 7,5%) fronte ao ano 2023.
Xunto con isto, constitúen tamén unha importante fonte de ingresos, os derivados de convocatorias públicas competitivas de investigación por un importe de 109 millóns € en 2024, continuando a súa tendencia alcista dos últimos anos.
Con respecto aos GASTOS, parécenos interesante subliñar os seguintes datos en relación co persoal:
- O importe de gasto en persoal PDI ascendeu a 120,55 millóns € en 2024, o que supón 5,74 millóns máis que no ano 2023 (incremento do 5%)
- O importe de gasto en persoal PAS ascendeu a 61,39 millóns que supón 3,3 millóns máis que no ano 2023 (5,69 %). Este incremento inclúe o pago para un total de 1.036 persoas do grao I da carreira horizontal, cuxo custe ascendeu a 1,7 millóns €.
- As contas anuais de 2024 tamén visibilizan por 1ª vez o importe do gasto en persoal de capítulo VI, que ascendeu a 42,83 millóns €; o que supón 4,2 millóns máis que en 2023 (10,87 %). Incremento relacionado en boa parte co número de efectivos (75 máis que en 2023).
Como información complementaria, dende CUPAS queremos destacar que na nómina de decembro de 2024 había 3.419 persoas de Capítulo I (PAS e PDI) e 1.279 persoas do capítulo VI. O total de persoal en nómina na USC era nese momento de 4.698 persoas
Modificación RPT de PAS
En canto á modificación da RPT de PAS, que tamén foi aprobada por asentimento, os cambios son os seguintes:
- Transformación dun posto da categoría laboral de auxiliar técnico de biblioteca (ATB) nun posto de funcionario da escala auxiliar de arquivos bibliotecas e museos
- Modificación do complemento do posto de Encargado de Instalacións Culturais.
- Transformación dun posto da categoría laboral Operador/a de Control en Enxeñeiro/a técnico industrial.
Outros asuntos
Ademais de abordar como habitualmente outros asuntos, relacionados a maioría deles con cuestións de profesorado ou con normativas académicas e de titulacións; nesta xuntanza debateuse tamén sobre as nefastas actuacións respecto á USC da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta e a súa decisión de suprimir o máster da Facultade de Matemáticas.
A pretensión de implantar a titulación de Medicina en Coruña foi tamén novamente obxecto de debate. Por parte de CUPAS creemos que nesa pretensión hai bastante irresponsabilidade. Non é comprensible que pretendan crear unha nova Facultade de Medicina, saltándose o respecto institucional e o cumprimento dos acordos asinados previamente, cando están en pleno proceso de desfacerse de inmobles por problemas financeiros. Hai que recordar que só o incremento do 15% de prazas do último ano supón un custo de máis de 1 millón €, segundo o propio Ministerio de educación.
Recordamos, por se nos queres facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, sobre calquera dos asuntos tratados na xuntanza do Consello de Goberno, ou doutros relacionados co persoal, que a representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | CABADO LOURÉS, ANXOS |
GARCÍA ANGULO, MINIA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | EIROA ROSADO, ELISA |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | TABERNERO DUQUE, FERNANDO |
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |

CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUERODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIERPIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRADÍAZ PÉREZ, JOSÉCABADO LOURÉS, ANXOSGARCÍA ANGULO, MINIAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉBALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUANCACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINEIROA ROSADO, ELISAVÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIMEPÉREZ TRIGO, ELISEOTABERNERO DUQUE, FERNANDOALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
