AS EMENDAS DE CUPAS ÁS LIÑAS XERAIS DO ORZAMENTO APROBADAS NO CLAUSTRO PERMITIRÁN NOVOS AVANCES EN PROMOCIÓNS, CARREIRA PROFESIONAL, RPTs E XUBILACIÓN PARCIAL
O claustro da USC celebrou o pasado xoves a súa reunión anual máis importante, na que se debaten e aproban as Liñas Xerais do Orzamento e o límite de gasto para o ano seguinte. A participación de CUPAS nesta xuntanza concretouse na presentación de seis emendas ás Liñas Xerais que, ao seren aprobadas polo Claustro, supoñen cambios importantes para o persoal con respecto ao texto inicial.
As emendas de CUPAS eran as únicas que se presentaban por parte dos representantes do PAS. Pretendiamos en primeiro lugar, con varias das nosas emendas, incrementar a suficiencia nas partidas destinadas a desenvolver e cumprir os acordos e plans relativos ao persoal. Como resultado, en vez de 1.800.000 € como inicialmente se propuña, estas partidas pasarán a ter un importe de 2.250.000 €.
Noutra das nosas emendas aprobada polo Claustro aseguramos o respecto aos dereitos adquiridos en acción social (matrículas, plan de pensións, etc.) sen ter en conta os límites da administración autonómica a esta partida. A emenda aprobada indica claramente que “Os demais compromisos acadados na negociación deberán ser completados ou asumidos con fondos doutras partidas do orzamento”.
Outra das emendas de CUPAS compromete un ano máis de prórroga na aplicación do acordo de xubilación parcial do PAS laboral.
Con todo, a pesar dos compromisos asumidos pola xerencia e o equipo de goberno ante o Claustro coa aprobación das liñas xerais e as emendas, somos conscientes que haberá que seguir traballando. As organizacións sindicais, así como a Xunta de PAS e o Comité Intercentros, terán que actuar con persistencia e capacidade negociadora para concretar e facer efectivos eses compromisos.
A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | CABADO LOURÉS, ANXOS |
GARCÍA ANGULO, MINIA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | EIROA ROSADO, ELISA |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | TABERNERO DUQUE, FERNANDO |
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
