RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO MÉRCORES 25 DE MAIO DE 2022

Informamos a continuación dos temas mais relevantes tratados a semana pasada na reunión do Consello de Goberno da USC, na que participamos as tres persoas de CUPAS que representamos ao persoal neste órgano da universidade.

Aínda que a orde do día incluía 17 puntos, os asuntos que centraron a xuntanza foron a aprobación dos orzamentos anuais e a Oferta Pública de Emprego (OPE) para 2022.

Aprobación orzamentos:

  • O Consello de Goberno aprobou por asentimento, sen ningún voto en contra os orzamentos da USC para 2022. Entre as emendas aprobadas, nesta sesión, hai unha de CUPAS referida á axilización e frecuencia dos concursos de traslados. O trámite rematará coa aprobación polo Consello social da USC convocado para o 30 de maio.
  • Con respecto a este asunto, queremos destacar especialmente que se incluíu tamén no texto de orzamentos para 2022, a emenda de CUPAS ás Liñas Xerais do orzamento pola que establece un réxime extraordinario para a posta en marcha da Carreira horizontal do PAS e que compromete que isto se fará efectivo o 01/01/2023.

Aprobación OPE 2022:

  • A Oferta Pública de Emprego (OPE) para 2022 tampouco tivo votos en contra e foi aprobada por asentimento. No total de prazas ofertadas inclúense 121 de PAS de Capítulo I e 116 de Persoal investigador de Cap. VI.
  • Segundo se anunciou na reunión, a USC conta xa co beneplácito da administración autonómica e publicarase no DOG antes do 1 de xuño.
  • Das 121 prazas de PAS, tres corresponden á oferta anual ordinaria. Outras seis son de estabilización ordinaria, mediante concurso-oposición, e 72 corresponden á estabilización extraordinaria que se resolverá por concurso, en aplicación da lei 20/2021. As outras 40 prazas son de promoción interna independente.
  • Queremos destacar, no apartado de PAS, a inclusión das 40 prazas de Promoción interna independente para distintas categorías de laborais e funcionarios; coas que se dá cumprimento á emenda de CUPAS ás liñas xerais do orzamento, aprobada no Claustro do pasado 6 de maio.
  • Nesta xuntanza do Consello de Goberno, o xerente recoñeceu que inicialmente non se incluíra na OPE a oferta de promoción interna para o PAS, e indicou que iso se corrixira ao presentarse unha proposta de promoción na reunión coas organizacións sindicais do PAS (aludindo así á proposta de CC.OO).
  • Xunto coa estabilización e a promoción de PAS, a principal novidade é a inclusión por primeira vez, na OPE da USC, das 116 prazas de Persoal Empregado Investigador (Cap. VI) que permitirán avanzar na súa estruturalización e estabilización.

Nomeamento Delegados/as do Reitor:

  • No punto referido ao Informe do Reitor, este deu conta do nomeamento dos novos Delegados/as en diferentes ámbitos.
  • Insistiu o Reitor en aclarar que esta figura non exercerá estritamente competencias delegadas; senón que terá o encargo dun ámbito determinado, ao obxecto de dinamizar, coordinar accións ou propoñer actuacións e actuar en coordinación cos órganos de administración. Segundo asegurou, estes cargos non terán competencias de toma de decisións ou de actos administrativos.
  • Con esas aclaracións, trataba de responder á nosa intervención sobre a creación destes cargos de Delegado/a, na anterior reunión do Consello de Goberno (28/04/2022).

A representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
REGUEIRA GAY, RUBÉNPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINVAZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA MARTA