RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO XOVES 28 DE ABRIL DE 2022

Onte constituíuse o novo Consello de Goberno, no que CUPAS conta coa representación de tres membros. Os acordos máis salientables desta reunión foron os seguintes: 

Renovación da comisións delegadas do Consello de Goberno:

  • CUPAS estará representada nas seguintes comisións: Organización Académica e Profesorado, Oferta Docente e Innovación Educativa, Investigación, Asuntos Económicos, Actividades Culturais e Deportivas, Calidade e Planificación, Administración e Servizos.

Creación do cargo de delegado do reitor:

  • Aínda que na relación de cargos da USC xa existía un delegado do reitor para o ensino medio, proponse a creación destes cargos para casos específicos en materias transversais con dependencia do reitor, como poden ser políticas de igualdade, deportes, etc. 
  • CUPAS puxo sobre a mesa a consideración de que estes cargos non poden adoptar actos ou resolucións que correspondan aos órganos de goberno e administración da USC, así como a imposibilidade recoñecida tanto na LOU como nos Estatutos do desempeño de direccións e funcións técnico-administrativas. 

Aprobación da solicitude de integración da USC na agrupación de interese económico SIGMA:

  • Procederíase á substitución da aplicación Xescampus. 
  • Neste punto CUPAS abstívose na votación, pois botou en falta información polo miúdo das implicacións que tería, tanto para o persoal como para a propia viabilidade de Unixest, así como información sobre o custo desta aplicación. 
  • En explicacións do vicerreitor, o custo da aplicación non se pode determinar a priori, pois todo depende do volumen de módulos que se incorporen. 
  • Respecto ás preguntas sobre a formación, calendario de implementación e idioma da aplicación o vicerreitor respondeu que se ía ter en conta aos usuarios, non só na formación, senón na participación na implementación. E tendo en conta que é o máximo responsable en materia de normalización lingüística asegurou que o programa ía estar dispoñible en galego. Aínda así, é consciente que o traspaso ao novo sistema vai ser a medio prazo.

En varias ocasións ao longo da reunión fíxose evidente a necesidade de modificación dos Estatutos; o Reitor considerou que podería ser necesario modificar algúns aspectos dos mesmos, á espera das esixencias derivadas dunha posible modificación normativa en materia universitaria a nivel estatal.

A nova representación de CUPAS no Claustro está composta polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións consultas e suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
REGUEIRA GAY, RUBÉNPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINVAZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA MARTA