RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO MARTES 28 DE DECEMBRO DE 2022

APROBADOS OS ORZAMENTOS E A PROGRAMACIÓN PLURIANUAL. CUPAS VOTA EN CONTRA DO REGULAMENTO DE MOBILIDADE DO PAS

Onte foron aprobados os Orzamentos e a Programación Plurianual no Consello Social. Ambos acordos recollen as emendas e peticións de CUPAS xa aceptadas previamente no Claustro e incorporadas nos textos aprobados polo Consello de Goberno do día anterior, entre outras:

  • A recuperación das achegas ao Plan de pensións para todos os sectores do persoal.
  • A prórroga anual do Acordo de xubilación parcial do PAS laboral.
  • Un fondo adicional para a posta en marcha das actuacións comprometidas coa representación do persoal entre elas o desenvolvemento da carreira profesional horizontal
  • A elaboración dun novo Plan para o PAS 2023-26, coas actuacións a desenvolver de revisión da RPT e unha oferta programada de promoción interna independente.

A Programación Plurianual tamén recollía as emendas e peticións de CUPAS relativas ás seguintes cuestións: prácticas académicas, transferencia de experiencias, aplicación SIGMA, mecanismos de promoción, carreira profesional e profesionalización dos servizos e unidades directivas a través da RPT do PAS.

Polo tanto, ambos documentos tiveron o apoio dos membros de CUPAS no Consello de Goberno.

Dentro da orde do día do Consello de Goberno tamén se debateu o regulamento da TUI, o Plan de Medidas Antifraude e Prevencións de Riscos de Xestión da USC e a modificación do Regulamento de Mobilidade, entre outros.

Os membros de CUPAS votamos en contra da modificación do Regulamento de Mobilidade do PAS funcionario, pois xa de partida, consideramos que, mentres perduren nel cuestións como a esixencia de informe do responsable para a solicitude de comisións de Servizo, estamos plenamente en contra do mesmo e das modificacións que non impliquen a súa eliminación, entre outras cuestións

Tamén puxemos de manifesto unha actuación que consideramos irregular respecto á ampliación de prazos dunhas comisións de Servizos, asunto que non quixeron debater no Consello de Goberno por considerar que estaba fóra do seu ámbito.

A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEOFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME