RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2022

A orde do día desta reunión incluía un total de 25 puntos. Posiblemente o tema de maior interese e actualidade para o PAS estivo relacionado co anunciado peche de nadal e o respecto aos asuntos propios do persoal. Este asunto, no que quixemos facer fincapé, foi abordado no punto 25: Rolda aberta de intervencións, a instancia de CUPAS.

Peche de nadal

Na rolda aberta de intervencións, os representantes de CUPAS quixemos trasladar, ao reitor e ao resto do equipo de goberno, a existencia dun amplo malestar entre o PAS, en relación ao peche de Nadal e a súa afectación ao dereito aos días de asuntos propios. Na nosa intervención, ante os restantes membros do Consello de Goberno, consideramos necesario que se comprenda que a necesidade do aforro enerxético en ningún caso debe ser excluínte do respecto escrupuloso aos dereitos do persoal.

Na súa resposta, tanto o reitor como o xerente negaron, como xa fixera a xerencia na Mesa de PAS da semana pasada, que os días de asuntos propios vaian a ser incautados (a resposta constará na acta e na gravación da xuntanza efectuada pola secretaría xeral).

O reitor asegura que en ningún caso pretenden prexudicar os dereitos do persoal e que “de aquí a que se faga o peche” hai tempo de falar e que se poderá atopar a mellor solución. O xerente incide neste asunto indicando que proximamente se revisará que centros van a pechar e cales non, e asegurando que teñen intención de plantexar algunhas solucións.

Modificación do regulamento selección persoal investigador

No punto nº 13 tratábase da modificación do regulamento de selección do persoal investigador. Dende CUPAS solicitaramos, xa en días previos, a retirada deste punto da orde do día, por tratarse dun tema que entra claramente dentro das materias que precisan dunha previa consulta e negociación coa representación sindical.

O xerente indica que se trata só de adaptacións urxentes á nova lexislación e que se convocará en breve aos representantes. Acórdase a modificación con todos os votos favorables e a abstención de CUPAS

Outros asuntos

Dos restantes puntos da orde do día, cabe indicar que se aprobou a modificación da normativa de contratación da USC, a asignación ás áreas de prazas de catedrático/a, a convocatoria de prazas de profesorado e prorrogas de contratos, así como a avaliación da actividade investigadora (sexenios).

Aprobáronse tamén as memorias das plataformas científico-tecnolóxicas e a transferencia de resultados de investigación. Tamén se aprobou nesta reunión o regulamento de titulacións e a convocatoria de novas propostas e modificación de grado e mestrado, así como a memoria de estudos propios e o regulamento de usos lingüísticos da USC.

A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEO