RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO MARTES 29 DE NOVEMBRO DE 2022

CUPAS RECLAMA TAMÉN NO CONSELLO DE GOBERNO A POSTA EN MARCHA DA CARREIRA PROFESIONAL PARA O PAS E O CUMPRIMENTO EFECTIVO DOS COMPROMISOS ORZAMENTARIOS CO PERSOAL

A representación de CUPAS no Consello de Goberno da USC aproveitou este martes o punto da rolda aberta de intervencións para reclamar a posta en marcha da carreira profesional para o PAS e o cumprimento efectivo dos acordos e compromisos co persoal en materia orzamentaria.

Na nosa intervención, puxemos de manifesto que cada vez son máis administracións do noso entorno nas que se está desenvolvendo a carreira profesional horizontal. Recordamos que xa no orzamento de 2021 había un compromiso da USC de negociar a implantación para o PAS nese ano. Tamén demos conta que a propia Xunta de Galicia iniciou a implantación en 2018, para o seu persoal, co acceso extraordinario ao grado I, e a semana pasada asinouse un novo acordo para o acceso extraordinario ao grado II da carreira horizontal na administración autonómica.

Tamén recordamos que o orzamento de 2021 da USC recoñeceu expresamente ese retraso e, no de 2022, acordouse que se negociaría o acceso extraordinario ao grado I para facerse efectivo en xaneiro de 2023. A día de hoxe, nin se nos presentou proposta nin se iniciou a negociación.

Nesta mesma intervención, tamén sinalamos que a execución a execución da partida orzamentaria prevista para o PAS foi bastante escasa e apenas acadou o 60% este ano, e das promocións de PAS acordadas na OPE de 2020 so se fixo efectiva unha ínfima parte e a día de hoxe nada de nada das acordadas en 2021 e 2022.

Finalizamos a nosa intervención na rolda aberta indicando que era imprescindible máis diálogo, máis consulta e máis participación cos representantes do persoal; e sobre todo un cumprimento efectivo dos acordos e compromisos e acabar cos retrasos na súa execución.

O xerente na súa resposta recoñeceu os retrasos na execución das partidas orzamentarias destinadas ao PAS, alegando a complexidade da posta en marcha da estabilización e da promoción no ámbito de PAS e afirmou que a carreira profesional se faría efectiva dende xaneiro de 2023, para o que nunha semana presentarían a proposta inicial de negociación.

Polo demais a orde do día, que incluía un total de 16 puntos, estivo dominada por temas de profesorado (puntos 2 a 7) e un par de asuntos de organización académica e titulacións. Tamén se aprobaron as memorias dos institutos de investigación.

A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEO