RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO MÉRCORES 29 DE XUÑO DE 2022

A orde do día incluía un total de 32 puntos, entre os que estaba a aceptación das Contas anuais da USC correspondentes a 2021, que foron aprobadas por asentimento e que se pecharon cun déficit de pouco máis de 300.000 €.

En canto aos asuntos máis especificamente relacionados co PAS estaban, principalmente, a aprobación do Regulamento e a Relación de Postos Directivos da USC e a modificación da RPT de PAS.

Regulamento e Relación de Postos Directivos da USC:

Na intervención en nome de CUPAS expuxemos o seguinte:

  • Debería terse debatido o tema, bastante antes, na Comisión de PAS delegada do Consello de Goberno. Esta comisión debería servir para a dar cabida á participación, con carácter previo ás decisións do Consello de Goberno.
  • Por parte de CUPAS entendemos que o regulamento proposto, que quita os postos directivos encargados da xestión do ámbito da RPT, contradí e pretende ignorar os Estatutos da USC. Aprobados nos seu momento polos representantes de todos os sectores da universidade, os estatutos establecen claramente no seu articulado que “a creación, modificación das unidades directivas realizarase a través da RPT do PAS” e que o desempeño das funcións directivas corresponderalle, “en todos os casos” ao PAS.
  • A proposta de Regulamento acompáñase dun informe/comunicación, mínimo, da Asesoría Xurídica; no que se di unicamente que informa favorablemente o regulamento, sen entrar en valoración algunha do seu encaixe nos estatutos vixentes, ou no resto da normativa. Consideramos que unha posible adaptación dos Estatutos debería ser obxecto da Comisión de desenvolvemento estatutario do Claustro, non un simple acordo do Consello de Goberno.
  • Xúntase tamén un Informe económico, onde non fala nada do custo dos 11 novos postos de Persoal Directivo Profesional (9 dos cales dependen da xerencia) que se crean fóra da RPT de PAS, pero que calculando moi polo baixo sobrepasa os 500.000 € anuais.
  • Por parte de CUPAS, indicamos tamén que a aprobación deste regulamento pode facilitar, nun futuro próximo, que alguén pretenda que todos os postos de PASF por encima do nivel 25 sexan encadrados fóra da RPT do PAS e dependan para a súa provisión unicamente da vontade da xerencia.
  • En canto á afirmación do xerente de todo aquel que fai xestión na universidade é PAS, e de que el mesmo tamén é PAS por realizar funcións de xestión, recordámoslle que a Lei Orgánica de Universidades (LOU) no seu Artigo 23, define con claridade o que é o xerente e o artigo 73 di o que é o PAS.

O representante de A Trabe intervén neste punto para dicir que a proposta do equipo de goberno lle parece boa idea, e que A trabe xa defendía a creación dunha estrutura directiva similar no seu programa electoral.

Sometido o asunto a votación obtén 22 votos a favor, unicamente CUPAS vota en contra e hai ademais 5 abstencións.

Modificación da RPT de PAS: 

  • Era este un punto moi ligado ao anterior, xa que supoñía fundamentalmente a supresión dalgúns postos e a modificación dalgunhas dependencias derivadas dos novos postos directivos que se colocan agora fóra da RPT.
  • CUPAS tamén votou en contra, aínda que a proposta foi aprobada con 23 votos a favor e unha abstención.

Consello Social:

  • Nesta reunión do Consello de Goberno tamén se renovaba a representación dos distintos sectores no Consello Social. Minia García, de CUPAS, será a nova representante do PAS.

Xunta de UNIXEST:

  • Antes da reunión do Consello de Goberno tamén se celebrou unha reunión da xunta xeral de UNIXEST para a aprobación das contas de 2021, que se volven a pechar con déficit.
  • O reitor veu dicir que, coa adhesión da USC á plataforma SIGMA, UNIXEST perde a maior parte dos seus ingresos. Indicou que se a súa situación actual é difícil, o será máis despois; polo que parece que a solución pasa pola disolución de UNIXEST.
  • CUPAS intervimos neste punto para solicitar que, ante a posible disolución se teña en especial consideración a situación do persoal de UNIXEST, que vén esforzándose ao longo de 20 anos para que a empresa sobreviva.

A representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou  suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
REGUEIRA GAY, RUBÉNPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINVAZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA MARTA