O compromiso da candidatura CUPAS:

  • Defender as propostas e liñas de actuación que mencionamos no Claustro e nas instancias de representación ás que accedamos
  • Traballar na procura dunha universidade pública de calidade
  • Actuar de xeito unitario, na defensa de intereses comúns, cos representantes doutras candidaturas do PAS
  • Informar puntualmente da nosa actividade no Claustro mediante comunicacións xerais a todo o persoal e atendendo individualmente a quen o solicite
  • Recoller, e transmitir aos órganos de goberno, as propostas que se nos acheguen
  • Esixir a máxima transparencia e información aos órganos de goberno
  • Apoiar os acordos e as propostas da representación sindical: xunta de persoal e comité de empresa
  • Actuar con completa independencia do Reitor e de quen integre o equipo de goberno, sen facernos a priori nin aliados nin inimigos de ninguén