ELIXIDOS OS REPRESENTANTES DOS DISTINTOS SECTORES NO CONSELLO DE GOBERNO, NA MESA E NAS DISTINTAS COMISIÓNS
O novo claustro universitario, saído das eleccións do pasado 23 de febreiro, celebrou este venres 8 de abril a súa 1ª reunión, de constitución. É de destacar que, a diferencia de outros sectores, a representación do PAS aglutínase en agrupacións electorais. Así, dos 30 membros que lle corresponden ao PAS no Claustro, 15 persoas fomos elixidas na candidatura de CUPAS e 13 por A Trabe.
Nesta 1ª reunión, de constitución, elixíronse os membros da mesa do Claustro e das distintas comisións, para os próximos catro anos, así como os representantes dos diferentes sectores no Consello de Goberno. Suso Lamas (CUPAS) será o representante do PAS na Mesa do Claustro, mentres que no Consello de Goberno estarán Minia García, Juan Oreiro e Enrique Tacón, por parte de CUPAS, e Fernando Sedano, por A Trabe.
O resto da representación do PAS nas distintas comisións é a seguinte:
Representación do PAS nas comisións do Claustro | |
Comisión Electoral Central | Anxos Cabado (CUPAS) |
Comisión de Actividades Culturais | Elena Vázquez (CUPAS) Ana Alonso (CUPAS) Cristina Goy (A Trabe) Ana Ramos (A Trabe) |
Comisión de Asuntos Económicos | Juan Oreiro (CUPAS) Lucía Rodriguez (A Trabe) José M. Velo (A Trabe) |
Comisión de Titulacións e Ordenación Docente | Rubén Regueira (CUPAS) Isabel Vaquero (A Trabe) |
Comisión de Investigación | Martín Cacheiro (CUPAS) |
Comisión de Asesoramento ao Valedor | Alejandra Martínez (CUPAS) Carmen Espiñeira (A Trabe) |
Comisión de Desenvolvemento Estatutario | Marta Balea (CUPAS) Jose Díaz (CUPAS) Dores Chedas (A Trabe) |
Normalización lingüística | Isabel Vaquero (A Trabe) |
A representación do sector do PAS na USC caracterízase tamén, noutros ámbitos do día a día máis alá do Claustro, por unha importante presenza da representación colectiva e da actividade sindical.
Por iso pedimos do Reitor, e principalmente da xerencia, que se dea máis lugar e máis espazo ao diálogo, á consulta, á participación, á negociación e á busca da corresponsabilidade; ao respecto e ao acordo cos distintos interlocutores.
Pola nosa parte ofrecémoslle a nosa aberta colaboración e a nosa disposición a contribuír a unha USC mellor, que ofreza un servizo público de ensino superior de calidade. Será preciso, para esa USC mellor, sumar esforzos de todos os sectores da comunidade universitaria.
