PARA O PAS

Por unhas condicións de traballo mellores

Aínda que nin o Claustro nin o Consello de Goberno son ámbitos de negociación sobre as cuestións ou reivindicacións de carácter sindical que afectan ao PAS, si que é aquí onde se determinan, como xa diciamos ao principio deste programa, as accións a desenvolver a través da aprobación da Programación Plurianual e dos propios Orzamentos anuais da USC, aos que trataremos de incorporar as emendas e propostas que favorezan:

Melloras nos cadros de persoal de PAS

Desenvolvemento dun programa plurianual de actuacións que teña os seguintes eixos:

  • Desenvolvemento de promocións e carreira profesional para o persoal 
  •  Equiparacións entre colectivos: singularización de postos, melloras de nivel, reclasificacións e equiparación de niveis tamén no contexto do SUG 
  •  Homologación de postos de traballo equivalentes. Adecuación de postos de traballo mal encadrados e resolución de agravios comparativos por mala clasificación profesional 
  •  Dotación axeitada e redistribución equilibrada do persoal de unidades e servizos 
  •  Dotación nos orzamentos anuais de partidas para a mellora e a modernización dos cadros de persoal

Persoal Interino

  • Aproveitar as posibilidades legais que abre a nova normativa para reducir a esaxerada taxa de temporalidade entre o persoal da USC

Persoal do capítulo VI

  • Cumprimento do mandato estatutario de negociación dunha RPT de persoal do capítulo VI que consolide o emprego e dereitos laborais do colectivo
  •  Consolidación de postos estruturais e recoñecemento do carácter indefinido dos postos indefinidos 
  •  Igualdade de dereitos para todos e todas, incluído o persoal de proxectos de investigación e de actividades de I+D+I

Igualdade entre homes e mulleres

  •  Implantación e desenvolvemento das medidas contempladas no Plan de igualdade de homes e mulleres da USC
  •  Medidas efectivas para a conciliación da vida laboral e familiar

Traballo san e seguro

  • Priorizar actuacións en materia de seguridade e saúde laboral e a corrección dos riscos detectados
  •  Acondicionamento de postos de traballo, equipos e instalacións inadecuados 
  •  Cumprimento de normas de prevención de riscos laborais e seguridade industrial 
  •  Desaparición de barreiras arquitectónicas