versión en castellano

 
Inicio » Docencia » Bolsas de colaboración»  Bolsas de colaboración doutros anos »

Bolsas de colaboración doutros anos

 

595 - Matemática Aplicada
Implementación do modelo BFLs1 de combustión de partículas de carbón pulverizado en Ansys Fluent
Estudo de modelos de fluxo en sangue 1D e resolución numérica mediante esquemas ben equilibrados
Cálculo dos exponentes característicos de Liapunov: O algoritmo de Bennetin
Métodos de control predictivo baseados en modelo (Model predictive control, MPC)
Simulación numérica da interacción fluido-estructura en obxectos flotantes
Cálculo das forzas e momentos exercidos por un fluído sobre a pala dun rotor
Introdución ao estudo matemático de problemas relacionados coa nanotecnoloxía
Formulacións mixtas para resolución numérica de problemas de autovalores
Introducción á modelización de procesos electroquímicos
Estudo e implementación de métodos Runge-Kutta de alta orde aplicados a problemas parabólicos
Introducción á modelización e a análise matemática de problemas matemáticos con aplicacións industriais
Desenvolvemento dun portal web para análise de datos poboacionais en bioinformática
Contribución ao estudo dun problema de depuración de augas a través dunha canle

Subir

Título: Implementación do modelo BFLs1 de combustión de partículas de carbón pulverizado en Ansys Fluent.
Director: José Luis Ferrín González
Obxectivo:

Implementación mediante UDFs ( User - defined functions ) do modelo de combustión de partículas de carbón desenvolto no grupo de Investigación “Enxeñería Matemática ( GI -1563)” do Departamento de Matemática Aplicada da USC e publicado en '' Numerical simulation of group combustion of pulverized coal '', Combustion and Flame, 2011; para ser incorporados no software comercial ANSYS Fluent.

De forma máis concreta, o obxectivo é realizar unha simulación dun fluxo reactivo con dúas fases no que partículas de carbón pulverizado (fase sólida) se gasifican segundo os modelos citados anteriormente e, posteriormente, eses gases reaccionan na fase gasosa. Os resultados validaranse con datos experimentais e compararanse, por unha banda, cos resultados previos obtidos na devandita publicación, na que se implementou o modelo sen utilizar ANSYS Fluent, e por outro, cos resultados obtidos utilizando os modelos de combustión actualmente dispoñibles en ANSYS Fluent .

Alumno: Jesús González Sieiro
Curso académico: 2019-20

Subir

Título: Estudo de modelos de fluxo en sangue 1D e resolución numérica mediante esquemas ben equilibrados
Directora: María Elena Vázquez Cendón
Obxectivo:

O obxectivo do proxecto é estudar modelos de fluxo en sangue en vasos sanguíneos para presentalos como leis de balance e posteriormente resolvelos mediante esquemas ben equilibrados coa metodoloxía de volumes finitos. A dependencia dos termos de fluxo con respecto á variable espacial, como no modelo de Euler estudado en [BLVC2017], lévanos a propoñer unha extensión da metodoloxía desenvolta neste artigo ao caso de fluxo en veas. Os modelos de fluxo en sangue resoltos nalgúns traballos dos que é co -autora a titora do proxecto non tiñan en conta a presenza dos termos fonte que aparecen no modelo xeral, polo que se propón como reto unha reescritura dos mesmos, tendo como referencia tanto os traballos xa desenvoltos polo profesor Toro e o seu equipo no ámbito da hemodinámica (por exemplo, [STCVC2017]), como o estudo realizado no grupo de investigación de Enxeñería Matemática da USC para as ecuacións de Euler con termos de gravidade. Os modelos analizados resolveranse numericamente coa metodoloxía de volumes finitos co obxectivo de obter esquemas ben equilibrados. 

[BLVC2017] A. Bermúdez, X. López, E. Vázquez-Cendón (2017). Finite volume methods for multi-component Euler  equations with source terms. Comput. Fluids. 156:113-134 [STCVC2017] C. Spiller, E.F. Toro, E. Vázquez-Cendón, C. Contarino (2017). On the exact solution of the  Riemann problem for blood flow in human veins, including collapse. Applied Mathematics and Computation 303: 178–189.

Coas seguintes tarefas a realizar: 

- Estudo de referencias bibliográficas básicas tanto nos modelos de fluxo en sangue como no contexto das leis de conservación hiperbólicas con termos fonte, partindo das citadas no resumo.
- Presentación e análise dos modelos de fluxo en veas que identifiquen os termos fonte e a dependencia espacial do fluxo.
- Estudo dos esquemas descentrados ben equilibrados para o tratamento dos termos de fluxo con dependencia espacial e dos termos fonte.
- Implementación dos métodos propostos nunha linguaxe de programación e validación dos mesmos con test presentes na literatura.

Alumna: Sara Costa Faya
Curso académico: 2018-19

Subir

Título: Cálculo dos exponentes característicos de Liapunov: O algoritmo de Bennetin
Director: Jerónimo Rodríguez Gacía
Obxectivo:

Os sistemas dinámicos denominados caóticos asócianse con frecuencia a problemas moi sensibles ás variacións nas condicións iniciais. Os expoñentes característicos de Lyapunov  ( LCE ) son unha ferramenta que permite cuantificar a velocidade á que se separan dúas órbitas con condicións iniciais infinitamente próximas.

Por iso con frecuencia empréganse como indicadores da presenza de caos. O obxectivo do traballo será aplicalos para a detección de órbitas caóticas en sistemas dinámicos tanto discretos como continuos. Para o cálculo dos expoñentes se utlizará o algoritmo de Bennetin. Unha vez calculados os expoñentes característicos de Liapunov, abordarase o cálculo dos vectores de Liapunov.

Alumno: Javier Iglesias Pérez
Curso académico: 2018-19

Subir

Título: Métodos de control predictivo baseados en modelo (Model predictive control, MPC)
Director: Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela
Obxectivo:

Trátase dun proxecto de iniciación á investigación sobre unha familia de métodos para o control de sistemas que utilizan explicitamente modelos identificables dos mesmos; en concreto, limitarémonos ao caso en que os modelos son escuaciones en diferenzas ou ecuacións diferenciais ordinarias. Estes métodos teñen unha amplia aceptación no mundo industrial pois conducen a controladores de altas prestacións que poden funcionar durante longos períodos de tempo sen intervención de expertos. Unha panorámica pode verse no libro Advanced Model Predictive Control, editado por Tao Zheng e publicado por InTech en 2011, no prólogo do cal pódese ler: " Since the earliest algorithm of Model Predictive Control was proposed by French engineer Richalet and his colleagues in 1978, the explicit background of industrial application has made MPC develop rapidly. Different from most other control algorithms, the research trajectory of MPC is originated form engineering application and then expanded to theoretical field, while ordinary control algorithms often have applications after sufficient theoretical work".

Este proxecto relaciónase directamente coas materias obrigatorias "Métodos numéricos en optimización e ecuacións diferenciais" e "Modelización matemática" e realizarase no marco da liña de investigación "Optimización e control"

Alumna: Andrea Falcón Leal
Curso académico: 2017-18

Subir

Título: Simulación numérica da interacción fluido-estructura en obxectos flotantes
Directores: Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela
Obxectivo:

A simulación numérica é un campo moi innovador e que algunhas poucas décadas atrás era impensable de levar a cabo debido ás importantes limitacións que sofría o software desenvolvido ata a data. É por este motivo cos métodos numéricos están evolucionando continuamente ao longo dos anos ata o punto de tomar protagonismo na industria debido aos importantes avances da informática cada vez máis eficiente así como dos modelos matemáticos e dos métodos numéricos para resolvelos. Cada vez son máis os costosos ensaios que son substituidos por simulacións numéricas levadas a cabo mediante potente software; é por este motivo que o proxecto toma unha línea de investigación importante. O proxecto deixa ademáis as portas abertas á análisise de outros problemas de interacción fluido-estructura no marco da aeroelasticidade (avións ou helicópteros) ou da aeroacústica de máis difícil tratamento, co que a súa continuidade está asegurada. Este proxecto mantén unha relación directa coas materias de Software profesional en Mecánica de S ólidos e Software profesional en Mecánica de Fluidos impartidas o primeiro ano de máster.

Alumno: Javier Paneque Linares
Curso académico: 2014-15

 

Título: Cálculo das forzas e momentos exercidos por un fluído sobre a pala dun rotor
Directora: María Luisa Seoane Martínez
Obxectivo:
Os sistemas de captación de enerxía eólica ou mariña están constituídos basicamente de un ou dous rotores con n palas e un alternador que transforma a enerxía mecánica do vento ou das correntes mariñas en enerxía eléctrica.

Neste proxecto tratase de desenvolver una ferramenta informática que permita calcular as forzas e momentos sobre a pala dun rotor, sendo a súa sección de tipo NACA. Nunha primeira etapa utilizarase a teoría de fluxos potenciais bidimensionais válida no caso de fluídos non viscosos e incompresibles con fluxo irrotacional en torno a un obstáculo e calcularase analiticamente a circulación e a forza de sustentación sobre a sección rotada de acordo coa dirección da velocidade aparente. Integrando ao longo da lonxitude da pala calcularíanse as forzas e os momentos totais.

Na última fase trataríase de xeneralizar a metodoloxía ao caso de fluídos viscosos, obténdose agora as forzas sobre a sección plana mediante aproximación numérica das ecuacións de Navier-Stokes 2D.
Alumno: Xian López Álvarez
Curso académico: 2012-13

Subir

Título: Introdución ao estudo matemático de problemas relacionados coa nanotecnoloxía
Director: Francisco José Pena Brage
Obxectivo:
Os modelos matemáticos aplicados á nanotecnoloxía experimentaron un gran auxe nos últimos años, dependendo da aplicación, unha gran variedade de técnicas poden ser consideradas simulacións ab-initio de dinámica molecular, modelos multiescala,... Neste proxecto se pretende iniciar á estudante nestas técnicas matemáticas, partindo dunha análise do estado da arte e profundizando nalgunhas delas, poñendo especial interese naquelas que sexan útiles nas aplicacións que desenvolven outros grupos experimentais como o Laboratorio NANOMAG da Universidade de Santiago de Compostela.
Alumna: María Masid Barcón
Curso académico: 2012-13

Título: Formulacións mixtas para resolución numérica de problemas de autovalores
Directores: Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela e María Luisa Seoane Martínez
Obxectivo:

O obxectivo deste traballo é o estudo e a implementación no ordenador da aproximación numérica dos autovalores e autovectores dos operadores laplaciano e bi-laplaciano mediante a discretización de formulacións mixtas e a resolución do problema finito-dimensional obtido co método da potencia iterada inversa.

No caso monodimensional empregarase unha formulación mixta para escribi-lo problema de cuarto orden en términos do operador laplaciano e programarase a discretización con elementos finitos do problema de contorno. No caso multidimensional, empregarase unha formulación mixta do operador laplaciano e implementarase a aproximación coa axuda de software preexistente.

A resolución dos sistemas lineais requerida na potencia iterada inversa realizarase ben por métodos directos, no caso monodimensional, ou con programas da biblioteca MKL no problema multidimensional.

Este traballo está vinculado á materia obrigatoria Análisis Numérico Matricial e á optativa Análise Numérico de Ecuacións en Derivadas Parciais do Gado de Matemáticas.

Alumna: Saray Busto Ulloa
Curso académico: 2011-12

Subir

Título: Introdución á modelización de procesos electroquímicos
Director: Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela
Obxectivo:

O noso obxectivo será introducir modelos matemáticos para a simulación de procesos electroquímicos, para posteriormente analizalos e resolvelos numericamente mediante métodos de elementos finitos.

A modelización matemática é unha ferramenta importante para o desenrolo dos materiais e mailos seus procesos de fabricación. A modelización electroquímica para a electrólise e electrodeposición presenta serias dificultades: as condicións de contorno non son lineais e dependen do tempo, ou ben existen múltiples escalas de lonxitude, etc. Estes modelos poden ser macroscópicos, mesoscópicos ou atomísticos, sendo os primeiros deles nos que nos centremos para a elaboración do traballo.

Este traballo podería constituír un primeiro paso para un futuro estudo de modelos máis complexos como son os de media escala ou atomísticos.

Alumna: Verónica Losada González
Curso académico: 2011-12

Título: Estudo e implementación de métodos Runge-Kutta de alta orde aplicados a problemas parabólicos
Directores: Rafael Muñoz Sola e María Luisa Seoane Martínez
Obxectivo:

Descrición detallada do obxecto da colaboración:

Trátase de analizar e implementar algúns métodos de Runge-Kutta implícitos acoplados con esquemas de alta orde para as derivadas espaciais que permitan resolver numericamente problemas parabólicos de maneira eficiente desde os puntos de vista da precisión e da estabilidade numérica.

Este traballo está vinculado á materia troncal Cálculo Numérico da Licenciatura de Matemáticas.

Funcións que debe desenvolver o bolseiro:

  • Búsqueda bibliográfica de referencias recentes.
  • Programación e validación de códigos de métodos de tipo Runge-Kutta semi-ímplicito.
  • Programación da resolución numérica de problemas parabólicos mediante a combinación dos métodos anteriores con esquemas de alta orde para a aproximación dos termos de difusión.
  • Comparación cos resultados detallados na bibliografía (orde e coste computacional).
Alumno: Gutier Fernández Villar
Curso académico: 2010-11

Subir

Título: Introducción á modelización e a análise matemática de problemas matemáticos con aplicacións industriais
Directora: Dolores Gómez Pedreira
Obxectivo:

Descrición detallada do obxecto da colaboración:

Este proxecto enmárcase no campo da modelización matemática e a análise numérica de procesos gobernados por ecuacións en derivadas parciais. Máis en concreto trátase de procesos que involucran fenómenos físicos de diferente índole nos eidos do electromagnetismo e a transferencia de calor onde aparecen problemas matemáticos de ecuacións en derivadas parciais, transitorios, non lineares, acoplados, etc., moitos deles non analizados ata agora.

O tema de estudo está directamente relacionado coa construcción de motores eléctricos que sexan máis eficientes dende o punto de vista enerxético, e ten relación cun proxecto desenvolto polo grupo de investigación no marco do programa CENIT para a empresa Orona.

Os obxectivos principais podemos clasificalos en dúas categorías: unha primeira refírese ao establecemento dos modelos e unha segunda fase de análise matemática dos mesmos. Preténdese abordar, en maior ou menor medida tódalas etapas metodolóxicas que van dende a escritura dos modelos ata o estudo dos métodos axeitados para a súa resolución numérica, pasando pola análise matemática dos problemas de valores iniciais e/ou de contorno que xurden como modelos dos fenómenos que se pretende estudar.

O traballo está vinculado ás materias troncais Análise Funcional en Espacios de Banach e Cálculo Numérico da Licenciatura de Matemáticas, e tamén coa materia Modelos Matemáticos (optativa vinculada á especialidade de Matemática Aplicada).

Funcións que debe desenvolver o bolseiro:

  • Revisión bibliográfica.
  • Determinación dos modelos matemáticos.
  • Análise matemática e numérica dos modelos escollidos.
Alumno: Óscar Bonilla Domínguez
Curso académico: 2010-11

 

Título: Desenvolvemento dun portal web para análise de datos poboacionais en bioinformática
Director: José Antonio Álvarez Díos
Obxectivo:

O desenvolvemento dun portal web o fin do cal é a análise de datos para a clasificación poboacional (europeo, asiático, africano, etc.) de individuos a partires de mostras de ADN obtidas nunha soa PCR. Para a elaboración do portal contouse coa colaboración da Unidade de Santiago de Compostela do Centro Nacional de Genotipado. Os logros obtidos resumense a continuación:

a) Desenvolvemento dun algoritmo robusto de clasificación.

b) Unha aplicación que permite clasificar un individuo con datos xa coñecidos.

c) Unha aplicación que permite experimentar ao usuario con varias series de datos poboacionais introducidos por el mesmo, no que pode introducir os seus datos como un archivo Microsoft Excel, co fin de clasificar un perfil, ou comprobar a robustez do conxunto de clasificación utilizando validación cruzada ou bootstrap.

d) O usuario ten estimacións da bondade da clasificación poboacional tanto numéricas como gráficas.
Alumna: Lorena Rodríguez fernández
Curso académico: 2005-06

Subir

Título: Contribución ao estudo dun problema de depuración de augas a través dunha canle
Directora: Carmen Rodríguez Iglesias ( en colaboración coa profesora Dna. Aurea María Martínez Varela da Univ. de Vigo)
Obxectivo:
Implementación en ordenador dun problema relacionado coa depuración de augas costeiras.
Alumno: Francisco Javier Fernández Fernández
Curso académico: 2002-03

 

Título:
Programación de métodos numéricos
Director: Óscar López Pouso
Obxectivo:

Preténdese que o alumno faga as seguintes tarefas:

  • Programación de métodos numéricos relativos á integración numérica e á resolución numérica de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais.
  • Revisión e recensión da bibliografía recente e a que poida publicarse e adquirirse durante o seu período de traballo,
todo isto directamente relacionada coa materia Cálculo Numérico, troncal de cuarto curso da Licenciatura de Matemáticas. Máis concretamente, preténdese que o traballo do alumno supoña unha aportación ao proxecto da Universidade de Santiago de Compostela "Titorial de Métodos de Cadratura e de Resolución Numérica de Ecuacións Diferenciais Ordinarias", que con data de inicio no curso 2001-02 permitirá a creación dun curso virtual da citada materia, á que sexa posible acceder a través da rede.
Alumno: Emilio Pazo Núñez
Curso académico 2001-02

Subir

Título: Evaluación e implementación de algoritmos da análise numérica matricial con MATLAB
Directora: María Luisa Seoane Martínez
Obxectivo:

Cada vez son máis as áreas nas que o cálculo científico é un útil básico. Como resposta a ista realidade desenvolvéronse paquetes informáticos que cubren as necesidades atendendo a dous obxectivos fundamentais: fácil acceso e simplicidade de uso. Entres os de maior difusión, tanto no ámbito académico coma no da empresa, se encontra MATLAB.

Os obxectivos deste proxecto son a evaluación dos métodos da análise numérica matricial implementados en MATLAB e o desenvolvemento dunha biblioteca de programas que non se incluen nos módulos estándar (estratexias de pivoteo para matrices simétricas, métodos de transformacións ortogonais de matrices banda, sistemas perturbados especiais...) e o deseño dun modo de integración sinxelo no entorno de traballo do futuro usuario.

Particular atención prestarase á eficacia dos algoritmos, polo que nunha primeira etapa estudiarase comparativamente o custo computacional dos proporcionados por MATLAB cos obtidos segundo as estratexia clásicas de programación. Tamén teranse en conta técnicas específicas de almacenamento alternativas ás propostas por MATLAB para o caso de matrices sparse.

A eficacia dos módulos especiais programados comprobarase resolvendo problemas tipo dos máis frecuentes do cálculo científico cos programas de MATLAB e as nosas propias rutinas.

O tema do proxecto está directamente relacionada coas materias Análise Numérica, trocal do primeiro ciclo da Licenciatura de Matemáticas, e Análise Numérica de Grandes Sistemas, optativa da especialidade de Matemática Aplicada, e permitiría ao alumno iniciarse en técnicas específicas do desenvolvemento de software para cálculo científico avanzado.

Alumna: Iria París Suárez
Curso académico: 2001-02

 

Título:
Misión de apoio a observacións astronómicas, reducción de imáxenes e outras aplicacións complementarias
Directores: José Ángel Docobo Durántez e Josefina F. Ling
Obxectivo:

Grazas ao material concedido nas últimas convocatorias de infraestructura de investigación da Xunta de Galicia, o Observatorio Astronómico R. M. Aller dispón na actualidade dun equipamento de calidade para a explotación do cal se require persoal que esté disposto a colaborar tanto en horario diurno como nocturno.

O obxectivo fundamental deste proxecto consiste, pois, no apoio aos profesores en distintas observacións astronómicas, sobre todo de ocultacións fotométricas.

Asimesmo é indispensable dispor de persoal que axude na complexa operación de reducción de datos, principalmente de rexistros efectuados coa cámara speckle, así como na posta ao día do noso novo Catálogo de Estrelas Dobres.

A beneficiaria da bolsa complementaria a súa dedicación coa recepción de visitas escolares así como no Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) que dirixido a tódala comunidade universitaria, organiza a dirección do Observatoria desde fai catro anos.

Alumna: María del Pilar Figueroa Vázquez
Curso académico 2001-02

Subir

Título: Implementación de métodos tipo Newton para a simulación numérica dun problema viscoelástico con contacto
Directora: Peregrina Quintela Estévez
Obxectivo:
A solidificación do aluminio líquido, obtido por electrólise, realízase no proceso de colada. O aluminio líquido vértese nun molde, donde un sistema de refrixeración por auga o fai solidificar. Os gradentes térmicos que xurden no proceso provocan importantes deformacións da placa: un levantamento da parte inferior do bloque de metal, que coñécese como deformación do talón, e unha contracción das paredes laterais. Para modelar dito proceso, considéranse as ecuacións de equilibrio dun sólido tridimensional complementadas cunha lei de comportamento termo-viscoelástica non lineal e o despegue do talón modélase cunha condición non lineal de contacto. Na resolución numérica utilízase un método de elementos finitos e un esquema implícito para a discretización en espacio e tempo, respectivamente, e un algoritmo iterativo, obtido utilizando técnicas de operadores maximais monótonos, para o tratamento dos termos non lineais. Debido aos fortes gradentes térmicos que se desenvolven na placa, é necesario considerar pasos de tempo pequenos e remallar en cada iteración; isto fai que o algoritmo requira un tiempo de cálculo extremadamente grande. O obxectivo do traballo consiste en utilizar métodos de Newton para o tratamento dos termos non lineais, o cal permite aumentar a velocidade de converxencia e, por tanto, disminuir o tempo de cálculo. Ademais, estúdiase a dependencia da solución obtida respecto dos distintos parámetros de funcionamento.
Alumna: María Teresa Sánchez Rúa
Curso académico: 2001-02

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00