|
Información xeral
Dirección
Directora
Secretaria
Administrativo
- Manuel Porto Canosa
- Teléfono: +34 8818 13184
-
Localización
O DMA ten a súa sede na Facultade de Matemáticas situada no Campus Universitario Sur de Santiago de Compostela. Neste mesmo Campus encóntrase o Observatorio Astronómico, sede do persoal da Área de Astronomía e Astrofísica. Ademais, o Departamento conta cunha delegación no Campus de Lugo que ten a súa sede na Escola Politécnica Superior.
Enderezo
Departamento de Matemática Aplicada
Facultade de Matemáticas
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Tel. +34 8818 13184
Fax: +34 8818 13197
Correo-e: masec@usc.es
Áreas de coñecemento
No Departamento hai dúas áreas de coñecemento:
-
Área de Matemática Aplicada
Ten como obxectivo trasmitir o coñecemento da matemática e contribuir ao desenvolvemento das súas aplicacións para o modelado, a análise matemática e a simulación numérica de procesos e dispositivos na Enxeñería e nas Ciencias Básicas e Aplicadas.
-
Área de Astronomía e Astrofísica
Adicada a transmitir o coñecemento e a práctica da Astronomía, Mecánica Celeste e Xeodesia.
Subir
Infraestructuras
Ademais dunha completa dotación informática, cabe destacar o equipamento multimedia e a disponibilidade de diverso software comercial destinado á simulación numérica, do que se benefician tanto os estudantes que, así, obteñen unha completa formación teórico-práctica, como os investigadores ao dispoñer de ferramentas de última xeneración para dar resposta ás demandas de empresas, organismos e institucións. En concreto, a área dispón de licencias de MATLAB, COMSOL, Altair FLUX, MSC PATRAN, MSC NASTRAN, MSC MARC, MSC DYTRAN, ANSYS FLUENT, DHI MIKE e ENSIGHT. Actualmente disponse dun clúster, a descrición do cal e a seguinte:
O clúster HPC está composto por 25 equipos:
- Un equipo DELL PowerEdge R720XD, equipo facendo de nodo frontal do clúster.
- Dez equipos PowerEdge C6220 II con procesadores E5-2695 v2 @ 2.40GHz. Equipos de cálculo.
- Dous equipos PowerEdge C6220 II con procesadores E5-2637 v4 @ 3.50GHz.Equipos de cálculo.
- Sete equipos DELL PowerEdge 1950 con procesadores E5430 @ 2.66GHz. Equipos de cálculo.
- Dous equipos DELL PowerEdge R610 biprocesador Intel X5570, con 48GB de ram. Equipos de cálculo.
- Dous equipos DELL PowerEdge R815 AMD Opteron(tm) Processor 6174 con 256GB de ram. Equipos de cálculo
- Un equipo de backup con 16TB de disco.
A comunicación entre os nodos C6220 realízase cun switch PowerConnect 8132F de fibra a 10GB para cálculo. Un switch 3Com con 16 portos gigabit para o resto de máquinas para cálculo. Un switch 3Com con 24 portos gigabit dedicado á xestión de todo o clúster. O sistema operativo que corre no clúster é unha Rocks 6 (basado en Centos 6.5).
Astronomía e Astrofísica
Nos últimos anos fíxose un importante esforzo no que se refire á dotación de persoal, adecuación das instalacións, adquisición de nova instrumentación e posta ó día das actividades de investigación, docencia e máis divulgación científica, fins estes do persoal que traballa na Área de Astronomía e Astrofísica no Observatorio Astronómico.
|