Ana Isabel García Arias

Departamento de Economía Aplicadaana-isabel-garcia-ariasEscola Politécnica Superior
Avda. Benigno Ledo s/n Campus Universitario, 27002 Lugo
Teléfono: +34 982 823 226
e-mail: anaisabel.garcia@usc.es
Profesora Titular de Escola Universitaria na Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas principais liñas de investigación están relacionadas cos procesos de cambio agrario e coa avaliación de políticas ambientais na agricultura. 

CV abreviado (pdf)
CVN (pdf)
Ficha no Portal da Investigación da USC

Formación

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1984).

Master of Arts in European Economy from the College of Europe (Bélxica, 1993).

Doutora en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (2008).

Experiencia profesional

É Profesora Titular de Universidade no Departamento de EconomIa Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Conta cunha longa experiencia na docencia da economía nos ámbitos ambiental, forestal e agrícola a nivel universitario, sendo a avaliación das políticas agroambientais en Galiza o obxecto da súa tese de doutoramento. Dirixiu numerosos traballos académicos de Fin de Grao e Master na Escola Politécnica Superior da USC (Campus de Lugo) no ámbito das enxeñarías agrarias e forestais. Asemade ocupou diversos cargos de responsabilidade académica neste mesmo centro. É membro da Xunta directiva da Asociación Española de Economía Agraria dende 2018. Tamén é membro da Comisión de Sustentabilidade do Cluster do Sector Agroalimentario Galego (CLUSAGA) dende 2020.

Como membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC), do que forma parte dende a súa constitución en 2004, participou en máis de 10 proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas nas mesmas áreas así como en traballos derivados de contratos con empresas. Por exemplo, levou a cabo a avaliación dos efectos das políticas e o cambio estrutural sobre a diversidade territorial das áreas de especialización gandeira, no contexto do proxecto de investigación CAMESPA (2002-2005), financiado polo Ministerio de Ciencia e Educación. Tamén contribuíu a analizar o papel da agricultura no desenvolvemento e diferenciación dos territorios rurais españois (RURAGRI, 2009-2011, financiado polo Ministerio de Ciencia e Educación).

Máis recentemente ten participado nos traballos de deseño da Infraestrutura Verde de Galicia así como nun convenio de colaboración coa Deputación de A Coruña para a avaliación dos custos da expansión da Vespa Velutina nas explotacións de mel. As súas principais achegas están reflectidas en máis de 20 publicacións científicas e outras tantas contribucións a congresos nacionais e internacionais.