‘Da globalización á localización: Como estamos hoxe na produción de alimentos?’

Mar Pérez Fra participa no evento final de Equal Rural

A investigadora de Ecoagrasoc Mar Pérez Fra participa no evento final de Equal Rural, coa conferencia ‘Da globalización á localización: Como estamos hoxe na produción de alimentos?’. O evento terá lugar o venres 22 de decembro no Fogar dos Maiores, en Allariz.

Equal Rural é un proxecto centrado nas mulleres do sector agrícola e ten como foco promover a súa participación e representación en todos os postos do sector, incluíndo aqueles que se relacionan con lugares de lideranza e de tomada de decisións.