
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. Xoan XXIII s/n Campus Norte 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: +34 881811718
e-mail: edelmiro.lopez@usc.es Profesor Titular de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía rexional.
CVN (pdf)
CVA (pdf)
CV English -Europass (pdf)
Ficha no Portal da Investigación da USC
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Licenciatura (1984).
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Doutoramento (1994).
Experiencia profesional
Desde 1984 ven desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente (desde 1996) é Profesor Titular de Universidade. De 1999 a 2005 foi Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA); e de agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Ten dirixido ou participado como membro do equipo en máis de 30 proxectos de investigación e é autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Realizou estadías en diversas Universidades e centros de investigación estranxeiros, e ten actuado como consultor de diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas agrarias e de desenvolvemento rural, como a Comisión Europea, o Banco Interamericano de Desarrollo (BID) e o Instituto Interamericano de Cooperación para la Agricultura (IICA).
Actualmente é o coordinador do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC).