
Escola Politécnica Superior
Rua Benigno Ledo, Campus universitario s/n, 27002, Lugo
Teléfono: +34 982 252 231 (Ext. 23224)
e-mail: francisco.sineiro@usc.es Profesor Titular de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria. As súas liñas de investigación xiran entorno á Economía agrícola e a Produción animal.
CV (pdf)
Ficha no Portal da Investigación da USC
Formación
Licenciado en Enxeñaría Agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid (1971).
Doutor pola Universidade Politécnica de Madrid (1996).
Experiencia profesional
É Profesor Titular de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Anteriormente foi investigador no campo da produción animal no Instituto Nacional de Investigación y Tecnología Agraria y Alimentaria (INIA). Traballou, en primeiro lugar, nos sistemas de produción de carne de vacún e ovino de montaña e, máis adiante, na economía do sector leiteiro e a industria agroalimentaria. Estivo involucrado en máis de 20 proxectos de investigación e publicou varios artigos en revistas tanto nacionais como internacionais, así como varios libros e capítulos de libro nos campos da súa especialidade.
Como xestor público, destaca a súa actividade como Director Territorial de Galicia do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1985-1987) e, máis adiante, como Conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes da Xunta de Galicia (1987-1990). Foi deputado do grupo socialista no Parlamento de Galicia entre 1989 e 2005.
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.