
Escola Politécnica Superior Rúa Benigno Ledo, Campus universitario s/n, 27002, Lugo
Teléfono: +34 982 823 224
e-mail: iban.vazquez.gonzalez@usc.es
ORCID: 0000-0001-5078-0525 Profesor contratado doutor, Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Universidade de Santiago de Compostela.
CV abreviado (pdf)
Ficha no Portal da Investigación da USC
Formación
Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela (2005).
Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela (2007).
Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas pola Universidade de Santiago de Compostela (2009).
Postgrado de Experto en Xestión de Empresas Agroalimentarias na Fundación Juana de Vega – Universidade da Coruña.
Doutor en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural pola Universidade de Santiago de Compostela (2013).
Experiencia profesional
É profesor axudante doutor na Escola Politécnica Superior de Enxeñería, no campus de Lugo da USC. Formouse como investigador no seo do grupo Ecoagrasoc, sendo os seus directores de tese Francisco Sineiro e Roberto Lorenzana. Após doutorarse, exerceu durante case catro anos no Centro de Investigación e Formación Agrarias (CIFA), dependente da Consejería de MedioRural, Pesca y Alimentación do goberno de Cantabria.
As súas principais liñas de investigación tratan sobre os sistemas de produción agrarios, o desenvolvemento rural, a xestión técnico-económica de explotacións, a sustentabilidade e mellora da eficiencia produtiva, os servizos ecosistémicos e, de maneira destacada, o vacún de leite e carne. É autor ou co-autor de máis de 40 publicacións de carácter científico e participou tamén en mais de 30 congresos nacionais ou internacionais.