Mesa redonda: Como afrontar nas granxas de leite a alza dos prezos dos insumos? Consecuencias da guerra en Ucraína

Mesa redonda: Como afrontar nas granxas de leite a alza dos prezos dos insumos? Consecuencias da guerra en Ucraína

A guerra na Ucraína provocou unha importante suba de prezos nos insumos das explotacións gandeiras, nomeadamente naquelas con sistemas produtivos máis intensivos.

Para abordar esta problemática, o venres 25 de marzo terá lugar a mesa redonda ‘Como afrontar nas granxas de leite a alza dos prezos dos insumos? Consecuencias da guerra en Ucraína’. Na mesma participarán Gonzalo Flores, xefe do departamento de pastos e cultivos do CIAM; Rubén García, responsábel de xestión técnico-económica de Os Irmandiños SCG; Iann Pouliquen, xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza SL; e a equipa técnica da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Read more

Encontros de Lúa Chea: como o uso do galego pode axudar a consolidar a imaxe de marca

Encontros de Lúa Chea: como o uso do galego pode axudar a consolidar a imaxe de marca

Volven os Encontros de Lúa Chea á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, comezando este 2022 con dous debates que terán como eixo central o uso da lingua galega por parte de proxectos empresariais innovadores. Nos encontros participarán os responsables de 6 iniciativas asentadas no rural galego que consideran o galego un elemento central na construción da súa imaxe de marca, que compartirán as experiencias das súas propias empresas. Trátase ademais de iniciativas marcadas polo seu carácter innovador e por dinamizar economicamente a súa contorna.

Read more

Bota a andar o Grupo Operativo Gayas: Comida de orixe desde a aldea á casa

Bota a andar o Grupo Operativo Gayas: Comida de orixe desde a aldea á casa

Nace o Grupo Operativo Gayas: Comida de orixe desde a aldea á casa, do que fai parte o grupo de investigación Ecoagrasoc. Gayas está formado por 7 entidades supra-autonómicas de Galicia e Asturias. Trátase dun proxecto innovador que ten o propósito de impulsar os canais curtos de comercialización de alimentos na montaña de Lugo e no suroccidente asturiano.

Read more

Mar Pérez Fra participa no Congreso de Ciencias Agronómicas en Chapingo (México)

Mar Pérez Fra participa no Congreso de Ciencias Agronómicas en Chapingo (México)

A investigadora de Ecoagrasoc Mar Pérez Fra participa o próximo 7 de outubro no Congreso de Ciencias Agronómicas, na cidade mexicana de Chapingo, onde presentará a súa comunicación “La política de desarrollo rural en España“. A súa intervención terá lugar ás 17:45 (hora galega), concretamente no marco do simposio “Medio ambiente y desarrollo rural”.

Read more

Ciclo de webminars: A PAC e os retos do Pacto Verde

Ciclo de webminars: A PAC e os retos do Pacto Verde

A Asociación española de Economía Agroalimentaria (AEEA) organiza un ciclo de 5 webminars dedicados á PAC e os retos do Pacto Verde. A investigadora de Ecoagrasoc Ana Isabel García Arias coordina o webminar do 7 de outubro, Relevo xeracional: Instalación de mozos e novos agricultores, ao que se pode asistir a través da plataforma Zoom.

Read more

Mar Pérez Fra participa nas xornadas ‘O que non arde’, nos Ancares

Mar Pérez Fra participa nas xornadas ‘O que non arde’, nos Ancares

A investigadora de ECOAGRASOC Mar Pérez Fra participa nas xornadas ‘O que non arde’, que teñen lugar os días 17 e 18 de setembro en Vilela (Navia de Suarna, comarca dos Ancares). O evento contará con varios relatorios e mesas redondas, onde participarán numerosos especialistas e axentes do sector.

Read more

‘El devenir demográfico de Galicia a la luz de sus recientes transformaciones socioeconómicas’

‘El devenir demográfico de Galicia a la luz de sus recientes transformaciones socioeconómicas’

“Como sucede en calquera país ou rexión europea, para comprender o devir demográfico de Galicia no último medio século resulta imprescindible polo en relación coas transformacións socioeconómicas que esta experimentou. Como é sabido, a dinámica demográfica é ao mesmo tempo condicionante e resultado da evolución socioeconómica; pero, no seo desta complexa interacción establecida entre unha e outra, entendemos que os factores socioeconómicos xogan un papel principal”. Así comeza o capítulo ‘El devenir demográfico de Galicia a la luz de sus recientes transformaciones socioeconómicas’, de Edelmiro López Iglesias e Raul Rios, no que se realiza unha aproximación ás tendencias demográficas de Galicia desde mediados do século XX, contextualizándoas no marco das transformacións socioeconómicas que o país viviu ao longo desta etapa.

Read more

Seminario internacional ‘Bens e usos comunais en territorios atlánticos, ss. XV-XXI: Novas olladas ao pasado, novas propostas para o futuro’

Os próximos días 26 e 27 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o seminario internacional ‘Bens e usos comunais en territorios atlánticos, ss. XV-XXI: Novas olladas ao pasado, novas propostas para o futuro’. Este encontro está organizado por Pegerto Saavedra e Hortensio Sobrado, coa colaboración do grupo de investigación Histagra, no marco do proxecto de investigación ‘El monte comunal en Galicia desde comienzos de la Edad Moderna a la actualidad: de soporte de un “viejo complejo agrario” a recurso medioambiental y patrimonio paisajístico’, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e no que participa activamente Ecoagrasoc. Read more