Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Avda. de Afonso X O Sabio, s/n. 27002 Lugo
e-mail: luis.castanon@usc.es Profesor Contratado Doutor no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas liñas de investigación céntranse nos campos do Sistema Financeiro e desenvolvemento económico rexional; a Economía de Galiza; a Economía rexional e as Técnicas de Contabilidade Social.
Ficha no Portal da Investigación da USC
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1987).
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (2002), con sobresaínte Cum Laude.
Experiencia profesional
Após traballar para a Confederación de Empresarios da Coruña (1987-1988) e para o Instituto Galego de Estatística (1988-1989), comezaría a súa carreira docente como Profesor Asociado de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade da Coruña (1989-1991). A partir de 1991, desenvolve a súa actividade na Universidade de Santiago de Compostela como Profesor Asociado, cargo que mantén na actualidade. De forma paralela, a partir de 2008 imparte materias de Estrutura Económica como Profesor Titor do centro asociado da UNED en Lugo.
É membro do Consello Científico e do Consello Editor do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (entre 1992 e 1995 e desde 1998 até a atualidade). Aliás, fai parte do Comité avaliador da Revista Galega de Economía, da Asociación Española de Economía Regional, da Sociedad de Economía Mundial e da Regional Studies Association.
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.