Skip to main content

Presentación dun libro sobre a figura de Luis Morillo

A Facultade de Medicina da USC recorda a figura de Luis Morillo Uña, catedrático de Obstetricia e Xinecoloxía e decano deste centro, coa edición do libro Una esperanza truncada. Luis Morillo Uña (1901-1937) de Guillermo Olagüe de Ros e Francisco Nogales Fernández e editado polo Servizo de Publicacións da USC en colaboración coa Universidade de Granada. A publicación será presentada nun acto no que tamén se descubrirá un retrato do protagonista e que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Medicina o martes 20 de maio ás 19.30 horas. Estará presidido polo reitor Juan Casares e contará coa asistencia do decano do centro, Juan Gestal; o ex decano desta Facultade, Jesús Otero Costas; o autor do prólogo, Ricardo Gurriarán; o autor Francisco Nogales; e o director do servizo de publicacións da USC, Juan Blanco Valdés. O libro recolle a historia de Juan Morillo Uña, figura case descoñecida na historia da Facultade de Medicina, a pesar de ser catedrático de Obstetricia e Xinecoloxía e decano entre agosto de 1935 e xullo de 1936, cando foi cesado polas novas autoridades tralo alzamento franquista e quitándose a vida pouco despois.

The contents of this page were updated on 05.19.2014.