Skip to main content

A USC participa na homenaxe a Benedicto, cantor de Voces Ceives

Portada do libro
Portada do libro

A USC súmase á homenaxe a Benedicto, o cantor de Voces Ceibes, no libro Benedicto. Polo mar da liberdade presentado este xoves 5 e que reúne as dedicatorias e recordos de amigos escritores, profesores, políticos e compañeiros, entre eles membros da comunidade universitaria para o artista. Benedicto, cantor compostelán fundador de Voces Ceibes, foi sindicalista e mestre. Os textos acompáñanse con numerosas fotografías, debuxos e pinturas de artistas galegos e un disco con imaxes e gravacións musicais. Este libro forma parte dos actos de homenaxe a Benedicto que terán continuidade cun concerto o día 26 de xuño no teatro Principal e que contan co apoio da Universidade de Santiago xunto con outras entidades e institucións.

The contents of this page were updated on 06.06.2014.