Skip to main content

Entréganse este venres no Colexio de Fonseca os IX Premios Rosalía de Castro

O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, preside este venres 28 ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro, que dende 1996 organiza bianualmente o Centro PEN-Galicia en colaboración coa USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta velada literaria poderán participar todos os membros da comunidade universitaria que o desexen. O xurado desta IX edición, integrado por Luís González Tosar, Xabier Castro Martínez, Bieito Iglesias, Miro Villar, Inma López Silva, Manuel Guede e Manuel Outeiriño, decidiu outorgar os galardóns a Jose Viale Moutinho (Funchal, 1941), María Esther Vázquez (Bos Aires, 1937), Enric Casasses (Barcelona, 1951) e Miren Agur Meabe (Lekeitio, 1962).

The contents of this page were updated on 09.28.2012.