Skip to main content

A promoción 1982-1987 de Psicoloxía celebra as súas vodas de prata

O antigo alumnado da promoción 1982-1987 de Psicoloxía da USC festexarán este venres 28 a súa volta ás aulas de Compostela. A xornada comezará ás 17.00 horas na Facultade coa intervención da súa decana, Carolina Tinajero Vacas, e da decana do Colexio Oficial de Psicólogos, Rosa Álvarez Prada, ambas as dúas compañeiras da promoción. Ás 18.00 horas acudirán ao ‘Recanto da Saudade’ no Campus Sur onde o secretario da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Carlos Nieves Vicente, presentará a entidade aos asistentes e farase unha fotografía de grupo.

The contents of this page were updated on 09.27.2012.