Skip to main content

Presentación da actualización do Diagnóstico de Igualdade na USC

A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero, Eva Aguayo, presentarán este mércores 3 aos medios de comunicación a actualización do Diagnóstico de Igualdade na USC. A presentación realizarase nunha rolda de prensa que comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Tras a conclusión do I Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC(2009-2011), a Oficina de Igualdade de Xénero realizou unha análise actualizada da USC en materia de igualdade, que agora ve a luz. Esta traballo completa a avaliación do I Plan Estratéxico e será unha ferramenta útil na definición do próximo.

The contents of this page were updated on 10.02.2012.