Skip to main content

Investigadores en neurociencia avanzan na descrición dos procesos cerebrais ligados á toma de decisións

José L. Pardo e Carlos Acuña asinan o artigo publicado en
José L. Pardo e Carlos Acuña asinan o artigo publicado en
Acaban de publicar un artigo na revista

A actividade nunha parte concreta do cerebro, a cortiza premotora, explica as decisións que as persoas toman na súa vida cotiá e ademais permite predicir as eleccións que se van realizar. Estes achádegos forman parte dunha investigación realizada polo grupo de Neurociencia da USC e que os investigadores Carlos Acuña e José L. Pardo-Vázquez acaban de publicar na revista The European Journal of Neuroscience no artigo ‘The ventral premotor cortex neuronal activity matches perceptual decisions’. Na xestión das decisións participan varias áreas do cerebro, se ben “unha das que dirixe esta orquestra está situada na cortiza premotora”, sinala o catedrático e director do grupo Carlos Acuña. A actividade das neuronas desta parte do cerebro é a que permite axustar as decisións ás necesidades diarias nas que se ven inmersas as persoas, “supervisando os nosos actos e detectando se as respostas que realizamos foron as correctas”. Os investigadores apuntan que “a cortiza premotora está tan estreitamente ligada coas decisións que mirando a súa actividade podemos saber con antelación a decisión que se vai tomar”. Para chegar a estas conclusións, “un paso importante foi descubrir o código que utilizan estas neuronas na toma de decisións” xa que isto permite aos investigadores coñecer de que maneira a actividade da cortiza explica a conduta e, se fose necesario, corrixir decisións futuras. Coñecendo o funcionamentos destes mecanismos, danse pasos importantes de cara ao tratamento de patoloxías neste eido. “Estas funcións están alteradas en moitos trastornos de conduta, polo que o descubrimento destes códigos e a súa localización é de grande importancia para o establecemento de brancos terapéuticos para estas enfermidades”, engaden os autores da publicación. The European Journal of Neuroscience A revista The European Journal of Neuroscience é unha das publicacións especializadas en neurociencia con maior influencia do mundo. O seu Article Influence de 1,42206 situado no percentil 89,01 é unha medida do prestixio da revista baseado nas citas que ten cada artigo, sendo comparable ao Factor de Impacto, que é de 3,418 (unha indicación de que os artigos publicados hai un ano en The European Journal of Neuroscience se citan unhas 3,418 veces por enriba da media).

Á súa vez, engaden os autores da publicación, o Eigenfactor é de 0,100065, medida do valor global dado por todos os artigos publicados nuhna revista, que no caso d The European Journal of Neuroscience está moi por enriba da media, no percentil 98,39.

The contents of this page were updated on 05.24.2011.