Os asistentes ao XVI Congreso da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais clausuran as xornadas cunha visita á comarca de Lemos
Os asistentes ao XVI Congreso da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, que se celebrou na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, visitarán o sábado 22 a Comarca de Lemos como clausura das xornadas.
Deste xeito, teñen prevista a súa saída dende Lugo ás 9:00 horas e comezarán o día cunha visita guiada ao Pazo de Tor. A continuación, desprazaranse ata a cidade de Monforte de Lemos onde coñecerán a Torre da Homenaxe e o conxunto monumental de San Vicente do Pino e posteriormente os Escolapios. Pola tarde realizarán un paseo en catamarán polos cañóns do Sil e visitarán o Santuario de Cadeiras. Rematarán a xornada coñecendo a Bodega Regina-Viarum.