Skip to main content

O comité executivo da Conferencia de Reitores do Suroeste de Europa reuniuse na USC

A Universidade de Santiago acolleu este mércores a xuntanza do comité executivo da Conferencia de Reitores do Suroeste de Europa (CRUSOE). Asistiron á xuntanza representantes das universidades de Porto, Minho, Vigo e da USC, así como da Universidade Europea Miguel de Cervantes e do Instituto Politécnico de Bragança. Tamén integran o comité as universidades de Salamanca e León que escusaron a súa asistencia. Nesta reunión tratouse a organización da próxima sesión extraordinaria do Plenario da Conferencia en Oviedo ou a proposta de proxectos de CRUSOE e achegas para a adhesión a unha plataforma que permita a actualización periódica de indicadores de resultados de desempeño, entre outros asuntos.

The contents of this page were updated on 04.29.2015.