Skip to main content

ECOS, unha exposición a prol da inclusión e da visibilidade

ECOS, unha exposición a prol da inclusión e da visibilidade
ECOS, unha exposición a prol da inclusión e da visibilidade
A mostra inaugúrase este xoves ás 11.30 horas no Claustro do Colexio de Fonseca

A fotoxornalista Eva Garrido expón a partir deste xoves 30 no claustro do Colexio de Fonseca unha serie de fotografías sobre a realidade de moitos países fóra de Occidente. A mostra, unha iniciativa de campUSCulturae, pretende chamar a atención sobre os pobos esquecidos e contribuír á súa inclusión e visibilidade. Ecos, que se poderá visitar ata o 30 de xuño, inaugúrase este xoves ás 11:30 nun acto ao que asisten a propia Eva Garrido; o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira; e o coordinador de campUSCulturae, Xosé A. Neira Cruz. A continuación, a autora da mostra ofrecerá unha conferencia-charla na que narrará a súa experiencia de encontro coa diversidade.

The contents of this page were updated on 04.29.2015.