Skip to main content

Presentación da campaña ‘Ensinas máis do que cres’

Cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparado nun estudo realizado na USC que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co docente que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da USC lanza a campaña ‘Ensinas máis do que cres’. Dirixida a todo o PDI da Universidade de Santiago, os detalles da campaña presentaranse este martes 5 ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nunha rolda de prensa na que participan a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, e o responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

The contents of this page were updated on 05.04.2015.