«No alumnado
inflúe o que vós
lles transmitides»

Vós sabédelo, sobre todo se impartides clases en varios centros. Xeneralizando, e fóra prexuízos, o alumnado é diferente dun centro a outro, como moi ben e con moita retranca reflicte a curta Loita de clases.

Se cadra, funcionan os estereotipos que rapazas e rapaces teñan de cada profesión. Pode ser que se mimeticen co ambiente xeral do centro. Se cadra, inflúelles o que vós, docentes, inconscientemente, lles transmitides.

Ensinas moito máis do que cres. Moito depende de vós.

«No alumnado inflúe o que vós lles transmitides»