Pasar al contenido principal

O CETUR organiza a II Xornada de Celebración do Día Mundial do Turismo

O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC (CETUR) organiza xunto con concello compostelá e Turismo de Santiago a II Xornada de Celebración do Día Mundial do Turismo, este xoves 27 na Sala Mozart do Auditorio de Galicia ás 16.00 horas. Logo dunha sesión plenaria na que o director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), Guillermo Escrigas, falará sobre ‘Cine e Turismo en Galicia: 1912-1960 coa proxección de filmes históricos’, intervirá o profesor do Seminario de Historia do Cine Xosé Nogueira. A xornada rematará coa proxección do filme ’18 comidas’ do director Jorge Coira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2012.