Pasar al contenido principal

Presentación do libro Postmodernidade e novas redes sociais

Ou como os videoxogos son os novos amos patriarcais

No marco das novas redes sociais e da estrutura patriarcal postmoderna actual, o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (Cifex) presenta este xoves 25 o volume Postmodernidade e novas redes sociais que, editado baixo a coordinación de Jorge García Marín, afonda no consumo diferencial por sexo dos videoxogos e na violencia simbólica que transmiten a través das súas narrativas e personaxes. A presentación terá lugar ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nun acto no que intervirán o reitor Juan Casares; a concelleira de Familia, Benestar social, Muller e Emprego de Santiago, Paula Prado; a directora do CIFEX, Rita Rald; o coordinador da publicación e o director de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2012.