O director da Área TIC da USC asistiu á presentación do Programa 'Campus en Red'
O director da Área TIC da USC, Javier Franco Tubío, asistiu este xoves 27 á presentación do Programa ‘Campus en Red’ creado co fin de incrementar o uso das Tecnoloxías de Información e da Comunicación en todas as universidades españolas.
Os principais obxectivos desta iniciativa son prover de acceso universal ás redes informáticas das universidades por medio de redes sen fíos, facilitar a adquisición de ordenadores portátiles a toda a comunidade educativa e fomentar os procesos de formación e alfabetización dixital.
Ademais, ‘Campus en Red’ pretende avanzar cara a docencia e a xestión virtual das universidades e apoiar o proceso cun Plan de Soporte e Comunicación co que se achegue a todos os destinatarios do programa a información necesaria.
O programa, que comezou en 2006, forma parte do Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información en España e foi creado por red.es, entidade pertencente ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e ao Ministerio de Educación e Ciencia.