Pasar al contenido principal

María Xosé Rodríguez Galdo

Profesora emérita

Teléfono
881811578
Correo electrónico
maria.rodriguez.galdo [at] usc.es

Catedrática de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela desde maio de 1987.

Autora de vinte libros  (o último publicado é de xuño de 2023) e de artigos da súa especialidade presentados en congresos e reunións científicas internacionais, celebrados en España e no estranxeiro, e publicados posteriormente en diferentes revistas e libros colectivos do ámbito principalmente da demografía, da historia económica e das migracións. Investigadora principal de quince proxectos de investigación financiados por organismos públicos e privados.

Vicepresidenta do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica desde 2017.

Directora do Centro de Estudos Avanzados-Casa de Europa (2009-2014). Directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia. IDEGA (1986-1991). Vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela (1984-1986). Promotora e primeira responsable do Centro de Documentación Europea da Universidad de Santiago de Compostela. 1981.

Directora do Curso Superior de Economía e Administración de Empresas-IDEGA (1988-1991, da USC en colaboración co Instituto Adriano Olivetti de Ancona, Italia). Codirectora dos cursos (1 e 2) de Especialización en Historia de las Mujeres (1988-1990). Universidade de Santiago de Compostela. Codirectora do Master “Poboación e Migracións” (2000-2001 e 2001-2002). Directora das Ponencias de Dinámica Social  e  Medio Ambiente no  Proxecto Galicia 2010.

Fundadora e Secretaria Editorial da Revista Galega de Estudios Agrarios (1978-1985). Fundadora e editora da revista Estudios Migratorios (1995-1999). Socia fundadora da AEIHM (Asociación española de investigación en historia de las mujeres), 1992; e de Arenal, “Revista de Historia de las Mujeres”, editada pola Universidad de Granada e o Instituto de la Mujer (Ministerio de Igualdad).

Vicepresidenta  (1989-1991) e Secretaria (1991-1999) do Consello da Cultura Galega.

Directora das Exposicións Galicia e  América. Cinco Séculos de Historia (1992); de Galicia e Australia. Vellos amigos (1999); Emigración. De mujeres Valientes (2011); Pontevedra e América, unha mirada en feminino (2021 e 2022).

Fotografía de María Xosé Rodríguez Galdo
Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.07.2023.