Pasar al contenido principal

Ciclo Pasados incómodos

Conferencia ‘Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos’

17.11.2025 | 16.00h

Santiago de Compostela
Aula 14

Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

Enmarcada no ciclo Pasados incómodos, a profesora da Universidade de Virginia (USA) Jalane Schmidt pronuncia o luns 17 de novembro, ás 16.00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia, a conferencia ‘Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos’.

Jalane Schmidt é directora do Memory Project da Iniciativa para a Democracia da Universidade de Virginia e profesora asociada de Estudos Relixiosos. Imparte cursos sobre raza, relixión e movementos de cambio social e é autora de Cachita’s Streets: The Virgin of Charity, Race & Revolution in Cuba, un estudo sobre a identidade nacional cubana, a relixión e os acontecementos públicos.

Académica e activista en Charlottesville (Virginia), Schmidt planifica e dirixe eventos de historia pública centrados na memoria da Guerra Civil, Jim Crow e a historia afroamericana local. Foi co fundadora da campaña Monumental Justice Virginia 2019-2020, que presionou con éxito á Asemblea Xeral de Virginia para que derrogase unha lei estatal centenaria que prohibía ás localidades retirar as estatuas confederadas. Con ocasión da retirada da estatua de Robert E. Lee en 2021, a alcaldesa de Charlottesville Nikuyah Walker manufestou: “A retirada é un pequeno paso para achegarnos ao obxectivo de axudar a Charlottesville, Virginia e Estados Unidos a encarar o seu pecado de estar dispostos a destruír aos afroamericanos para lograr beneficios económicos".
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.11.2025.