Presentación da oferta de cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas
O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC impartirá na segunda quincena de xullo vinte e cinco cursos de dezaoito idiomas diferentes. O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova, presentarán a programación este xoves 30 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Estarán acompañados pola profesora de lingua de signos do CLM, Irene Rivas Veiras. O ano pasado participaron nesta convocatoria máis de 300 persoas que amosaron un elevado grado de satisfacción cos resultados acadados.