Pasar al contenido principal

A Universidade, o Concello de Santiago e Sanidade analizan a posibilidade de reubicar os estudos de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría na contorna do Hospital Clínico de Santiago

Representantes da Universidade de Santiago de Compostela, do Concello de Santiago e da Consellaría de Sanidade reuníronse este xoves no Edificio Administrativo do Sergas para analizar a forma de dar resposta ás actuais e futuras necesidades docentes e asistenciais no campo da formación clínica.

Neste eido, acordaron crear un grupo de traballo, composto por dous representantes de cada unha das institucións, co obxectivo de estudar e valorar a posibilidade de reubicar os estudos de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría na contorna do Hospital Clínico da capital galega.

Acordouse tamén renunciar á utilización dos terreos da urbanización San Ignacio de Loyola para a edificación da nova Facultade de Medicina, polo que o concello axilizará os trámites do Plan Xeral para proceder á desafectación do ámbito.

En concreto, o grupo de traballo terá a función de desenvolver os labores técnicos e os instrumentos específicos necesarios para a consecución dos obxectivos acordados.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2015.