Pasar al contenido principal

Lectura pública da Declaración de Salamanca en defensa da ensinanza das Humanidades

Os decanos e decanas das facultades de Humanidades e Artes das tres Universidades galegas farán este mércores 6 unha lectura pública da Declaración de Salamanca en defensa do papel que a ensinanza das Humanidades ten na sociedade e no momento actual. O acto terá lugar ás 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A Declaración de Salamanca, que se lerá simultaneamente en todas as Universidades españolas, asinouse o pasado mes de marzo nesa cidade no transcurso da XXIII Conferencia de Decanatos de Letras como mostra da “inquedanza polo deterioro das Universidades públicas na docencia, a investigación e a xestión”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.05.2015.