Física acolle ata o 15 de maio unha exposición sobre a misión Gaia
A profesora da Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga pronunciará este mércores 6 en Física a conferencia ‘Mil millóns de ollos para mil millóns de estrelas’, enmarcada na exposición itinerante que co mesmo título se expón no centro ata o 15 de maio. A charla será ás 13.00 horas na Aula Magna. A mostra itinerante ‘Mil millóns de ollos para mil millóns de estrelas’ está dedicada á misión Gaia, deseñada e construída pola Axencia Espacial Europea seguindo a proposta de científicos europeos para a medida das posicións, distancias e movementos das estrelas.