Pasar al contenido principal

A USC acada o terceiro posto no campionato internacional e dirección de proxectos para estudantes do IPMA

Gómez, Vélez, Vásquez e Casalderrey, cos diplomas do campionato, en Vilna
Gómez, Vélez, Vásquez e Casalderrey, cos diplomas do campionato, en Vilna
O resultado proba que o alumnado do máster en Dirección de Proxectos da USC pode desenvolver a súa actividade nun plano internacional, di o coordinador do prosgrao

Os catro estudantes do máster en Dirección de Proxectos da USC na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo clasificados para representar a España na fase final do primeiro campionato internacional de dirección de proxectos, un torneo celebrado na capital lituana (Vilna) e organizado polo Institut of Project Management (IPMA) co obxectivo de promover o interese por la Dirección de Proxectos e facilitar o diálogo e o intercambio de coñecemento entre a mocidade de distintos países, acadou unha meritoria terceira posición logo dunha competición moi nivelada.

O equipo formado por estudantes do máster en Dirección de Proxectos da USC na EPS, integrado por Emilia Paulina Vásquez Zambrano, César Andrés Vélez del Hierro, Diego Casalderrey Díaz e Laia Gómez Piñeiro, mantívose como segundo clasificado tralo equipo finlandés, despois das dúas primeiras probas do campionato, para logo ceder esta posición ao combinado serbio na última fase da competición. O equipo da USC acadou a súa clasificación para a fase final deste certame internacional logo de proclamarse vencedor da fase nacional, celebrada o pasado 24 de marzo e impulsada pola sección nova da Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro). Neste certame de carácter nacional, os estudantes da USC tiveron que enfrontarse nun test en liña con outros equipos formados por tamén por estudantes de másteres en dirección de proxectos procedentes doutras universidades españolas. Logo da exitosa participación da delegación universitaria luguesa do campionato internacional de dirección de proxectos celebrado en Vilna, onde se enfrontaron a equipos gañadores das fases nacionais de Letonia, Lituania, Serbia e Finlandia, o coordinador do máster en Dirección de Proxectos da USC, o profesor Carlos Amiama Ares salientou que “o resultado obtido certifica que a formación recibida polo alumnado do máster en Dirección de Proxectos da USC confírelles as destrezas, coñecementos e competencias para abordar problemas complexos no ámbito da xestión de proxectos”. “Como quedou patente, tanto a tenor do resultado final como da traxectoria amosada ao longo da competición, o grao de cualificación dos estudantes formados neste posgrao da USC garántelles a posibilidade de exercer a actividade profesional como directores de proxectos nun contexto internacional”, engadiu Amiama Ares. Máster consolidado O Máster en Dirección de Proxectos da USC, un posgrao que chegará a súa oitava edición no curso 2015-2016, ten acadado un grao de madurez tal que lle permite terse consolidado como un programa de referencia no marco da oferta formativa do Sistema Universitario Galego, sinala Carlos Amiama. O coordinador deste posgrao oficial da USC, no que participan como docentes profesores das tres universidades galegas, ademais de numerosos relatores de recoñecido prestixio no eido da dirección de proxectos, sinalou que a continuidade deste posgrao universitario é viable grazas ás achegas financeiras que recibe da Deputación Provincial de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.05.2015.