Inicio » Servizos » ATIC» Manuais» Correo electrónico
 

Servizo de correo electronico

Manual de configuración de Outlook 2003

 

O programa "Microsoft Office Outlook 2003" é un dos moitos programas cliente para a xestión de correo electrónico que poden ser empregados na USC. Este programa subministrase de balde co Microsoft Office 2003.

Imos ver cales son os parámetros básicos para poder enviar/recibir correo electrónico con este tipo de programa e para elo será necesaria ter a información seguinte:

  • Nome do servidor de correo
  • Nome da conta e contrasinal
  • Nomes dos servidores de correo entrante e saínte.

No caso das contas de correo subministradas pola USC, poderemos atopar estes datos na carta de resposta que a Área TIC envía ó usuario cando se lle da de alta.

Procedemento de configuración

A continuación detallamos o procedemento para configurar a súa conta de correo a través de Microsoft Outlook 2003:

Seleccione o menú de "Herramientas" e pique co rato en "Cuentas de correo electrónico”

 

No seguinte paso deberá seleccionar a opción "Agregar una nueva cuenta de correo electrónico”, unha vez seleccionada prema no botón “Siguiente”.

 

A continuación deberemos seleccionar o tipo de servidor co que traballará a nosa conta, que polo xeral, será de tipo POP3.

 

Na seguinte pantalla indicaremos:

  • Información sobre o usuario:
    • Nome: Nome que amosa nas mensaxes saíntes.
    • Dirección de correo electrónico: Introducción do noso enderezo electrónico. No caso das contas subministradas pola USC, poderá atopar este dato na carta de resposta á solicitude de alta.
  • Información del Servidor
    • Servidor entrante: pop.usc.es
    • Servidor saínte: smtp.usc.es
  • Información de inicio sesión
    Por último nesta ventá, deberemos introducir o noso nome de usuario e contrasinal. Esta información é subministrada ó usuario na carta de resposta á solicitude de alta.

Suxerimos activar a opción de “Utilizar conexión segura”, para activala debe premer no botón “Más configuraciones…” .

 

A continuación, prema na pestana “Avanzadas” e marque como se indica na ventá a opción de “El servidor requiere una conexión segura SSL”, prema por último en “Aceptar”.

Para rematar o proceso de configuración da conta de correo, só debe pulsar en “Finalizar”.

 

OPCIÓNS DO PROGRAMA RECOMENDADAS

  • Comprobar mensaxes novas de xeito periódico

    Para poder acceder a estas opcións do programa ten que realizar os seguintes pasos:

    1. Ir ó menú a “Herramientas” – “Opciones”
    2. Na pestana “Configuración de Correo” premer en “Enviar y recibir…”

  • Activar a opción “Programar un envío o recpeción automáticos cada 15 minutos

    Ó activar esta opción, vostede accederá ó correo automáticamente cada X minutos se ten mensaxes novas. Sí non activa está opción deberá comprobala manualmente premendo no botón “Enviar y recibir”.

    A Área TIC recoménda que o o intervalo de descarga automática de mensaxes sexa de 15 minutos, en cal quer caso nunca debe ser inferior a 5 minutos.

 

 

Comentarios ou suxestións a cau@usc.es
© ATIC-USC. 2008