|
|
acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda | |
Inicio » Servizos » ATIC» Manuais» Correo electrónico |
Servizo de correo electrónicoManual de configuración de Mozilla Thunderbird |
O programa "Mozilla Thunderbird" é un xestor de correo de código libre e multiplataforma (pode ser empregado tanto en sistemas operativos Windows, Linux ou Mac OS X).Pode ser descargado de balde dende Thunderbird presenta características avanzadas tales como un sistema antispam con aprendizaxe e a posibilidade de empregar complementos que amplían as súas funcións. É o cliente de correo recomendado pola Área TIC para o seu uso no sistema de correo electrónico da USC. Imos ver cales son os parámetros básicos para poder enviar/recibir correo electrónico con este programa e para elo será necesaria ter a información seguinte:
No caso das contas de correo subministradas pola USC, poderemos atopar estes datos na carta de resposta que a Área TIC envía ao usuario cando se lle da de alta. Procedemento de configuraciónA continuación, detallamos o procedemento para configurar a súa conta de correo do dominio usc.es, a través do Thunderbird. Abra o Thunderbird e seleccione "Herramientas" - "Configuración de las cuentas". Faga click no botón "Añadir cuenta" Prema na opción "Cuenta de correo electrónico" e pulse en "Siguiente". No campo "Su nombre:", escriba o seu nome completo. A continuación, introduce o enderezo de correo electrónico completo (No caso das contas subministradas pola USC, poderá atopar este dato na carta de resposta á solicitude de alta.) no campo "Dirección de correo electrónico:" e prema en "Siguiente". Seleccione POP para determinar o tipo de servidor entrante. Escriba 'pop.usc.es' no campo "Nombre del servidor:" e fai clic en "Siguiente". Escriba o nome da súa conta de correo electrónico no campo "Nombre de usuario entrante:" e fai clic en "Siguiente". Escriba o nome da conta co cal a quere identificar. Revise a información que aparece no cadro de diálogo acerca da súa conta e, a continuación, prema en "Finalizar". |
OPCIÓNS DO PROGRAMA RECOMENDADAS
|
Comentarios ou suxestións a cau@usc.es |