Materia

Arte medieval europea

Créditos ECTS

6

Carácter

Obrigatoria

Curso / Cuadrimestre

1º Cuadrimestre

Competencias e resultados de aprendizaxe que o estudante adquire ao superar a materia.

· Introducir o alumno no estudo das manifestacións artísticas medievais, con especial atención ao transfondo da súa elaboración material e recepción polo estudoso contemporáneo. Proporcionaranse as claves para a comprensión das distintas realidades artísticas e incidirase naquelas que se manifestan como un fenómeno europeo común.
· Reforzamento dunha formación teórica sobre a análise da Historia da Arte e a súa posta por escrito.
· Establecer as complexas relacións que se crean entre o acontecemento, a súa percepción e o relato que se constrúe a partir da observación e consideración dos mesmos.
· Coñecer a tipoloxía e casuística das fontes textuais que permiten un coñecemento máis profundo da obra de arte no seu contexto histórico e cronolóxico.
· Aprender a utilizar as fontes desde a análise crítica e a interdisciplinariedade.
· Formar o alumno para un adecuado tratamento das fontes, a súa inserción no contexto histórico-artístico, para o seu emprego no estudo e investigación das obras de arte medievais.
· Coñecer os diversos métodos para o estudo da Historia da Arte medieval.
· Adquisición dunha praxe elemental e efectiva ante os problemas que poidan xurdir no proceso investigador.
· Adquirir un coñecemento das liñas de investigación e as propostas máis relevantes no ámbito da Historia da Arte.
· Impulsar o alumno ao contacto con outras disciplinas, cuxo obxecto de estudo é, en ocasións, común á Historia da arte (paleografía, codicoloxía, epigrafía, numismática, literatura, etc.).

Profesorado

· Dr. David Chao Castro (coordinador)
· Dra. Mª Fátima Díez Pratas
· Dra. Begoña Fernández Rodríguez
· Dra. María Dolores Fraga Sampedro.

Obxectivos

· Ofrecer unha visión plural e integradora da arte e da cultura europeas medievais nas súas diversas manifestacións.
· Capacitar os estudantes para establecer relacións recíprocas entre os principais eixes que configuran a materia: histórico, artístico e literario (cultural en xeral).
· Capacitar os alumnos para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
· Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
· Capacitar o alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
· Dotar os estudantes das destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos á correcta interpretación e difusión do legado cultural medievais.
· Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudos medievais sobre arte e cultura.
· Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e da correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
· Contribuír ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.

Contidos

1.- A arte medieval na súa evolución.
1.1.- A arte medieval ata o século X.
1.2.- Arte románica.
1.3.- Arte gótica.
2.- Fontes para a arte medieval.
3.- Metodoloxías para abordar o estudo da arte medieval.
4.- A xestión do patrimonio medieval. Visións e retos.

Recomendacións sobre formación previa

Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos medievais.

Bibliografía

a) Bibliografía básica:
- BARRAL I ALTET, X.: La Alta Edad Media. De la Antigüedad al Año 1000, Colonia, 1998.
- FERNÁNDEZ ARENAS, J.: Teoría y Metodología de la Historia del Arte. Ed. Anthropos. Barcelona, 1990 (19821ª).
- La Edad Media (vol. 2 de Historia del Arte), Madrid, Alianza Editorial, 1996.
- LOPEZ TRUJILLO, M.A., Patrimonio. La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Ediciones Trea, Asturias, 2006.
- PANOFSKY, E.: Estudios sobre iconología (1939), Trad.: Madrid, Alianza, 2008.
- SEBASTIÁN, S.: Mensaje simbólico del Arte Medieval. Arquitectura, Iconografía, Liturgia, Madrid, 1994.
- YARZA LUACES, J.: La Edad Media, Madrid, 1980.

b) Bibliografía complementaria:
· BANGO TORVISO, I.G.: Arte prerrománico hispano: el arte en la España cristiana de los siglos VI al XI (vol. VIII-II de Summa Artis), Madrid, 2001.
· CAMILLE, M.: Arte gótico: visiones gloriosas, Tres Cantos (Madrid), 2005.
· CASTRO FERNANDEZ, B.Mª.: D. Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985). Tesis, Universidad de Santiago, 2006.
· DAVY, M.M.: Iniciación a la simbología románica, Madrid, 1996.
· DURLIAT, M.: El arte románico, Madrid, 1992.
· GARCIA CUETOS, Mª. P.: El prerrománico asturiano, historia de la arquitectura y la restauración (1844-1976), Oviedo, Sueve, 1999.
· GRABAR, A.: Las vías de creación de la iconografía cristiana, Madrid, 1985.
· MILONE, A.: Medievo: 1000-1400: El arte europeo entre el Románico y el Gótico, Barcelona, 2007.
· MORALEJO ÁLVAREZ, S.: Formas elocuentes. Reflexiones sobre la teoría de la representación. Ed. Akal. Madrid, 2004.
· NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Arquitectura prerrománica (Arte galega), Madrid, 1978.
· RIVERA BLANCO, J.: Historia de las restauraciones de la Catedral de León: pulcra leonina, la contradicción ensimismada. Valladolid. Servicio de Publicaciones de la Universidad, 1993.
· SCHLOSSER, J.: La literatura artística. Ed. Cátedra. Madrid, 1993.
· SUREDA, J.: El despertar de Europa (El arte del románico y del gótico), Barcelona, 2006.
· Turris Fortissima: documentos sobre la construcción, acrecentamiento y restauración de la Giralda. Sevilla: Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos, 1988.
· WIRTH, J.: L’image Medievale. Naissance et developpements, París, 1989.
· YARZA LUACES, J.: Fuentes de la Historia del Arte. Ed. Historia 16. Madrid, 1997.
· YZQUIERDO PERRÍN, R. / YZQUIERDO PERRÍN, R. y MANSO PORTO, C.: Galicia. Arte. Arte Medieval (I) y (II), A Coruña, 1995.

Actividades formativas co seu contido en horas para o alumno

Actividades

Horas presenciais

Horas non presenciais dirixidas

Horas de traballo autónomo

TOTAL

Clases expositivas

19

5

30

54

Clases interactivas

19

5

30

54

Traballo escrito

5

20

15

40

Titorías individuais ou en grupo

2

--

--

2

TOTAL

45

30

75

150

 

Indicacións metodolóxicas específicas

1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
2) Clases prácticas dedicadas á lectura de bibliografía e á análise de obras de arte medieval que sirvan de modelo dos contidos teóricos estudados, e clases prácticas dedicadas ao traballo cos instrumentos necesarios para a actividade académica e investigadora no ámbito dos estudos de arquitectura e iconografía medievais. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente na aula, coma na preparación persoal fóra da aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común na aula. Para as clases prácticas tamén se usarán os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
3) Visita a obras de arte, arquivos e bibliotecas especializadas.
4) Clases prácticas dedicadas á presentación, análise e discusión dun pequeno traballo realizado individualmente ou en grupo.
5) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.

As actividades formativas non presenciais incluirán:
1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organizará persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxecto da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de conclusións, etc.
2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.

Criterios de avaliación

1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 50% da cualificación total.
2) O traballo práctico suporá o 50% restante da cualificación total. Valorarase tanto a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodolóxicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia, coma a presentación e defensa do traballo ante os compañeiros e o profesor.
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe dos estudantes expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003 de 5 de setembro.

Observacións

Profesores vinculados aos distintos puntos do programa da materia:

PROF. DAVID CHAO CASTRO (3 créditos):
1.- A arte medieval na súa evolución.
1.1.- A arte medieval ata o século X.
1.2.- Arte románica.
1.3.- Arte gótica.

PROFA. MARÍA DOLORES FRAGA SAMPEDRO (1 crédito):
2.- Fontes para a arte medieval.

PROFA. Mª FÁTIMA DÍEZ PRATAS (1 crédito):
3.- Metodoloxías para abordar o estudo da arte medieval.

PROFA. BEGOÑA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (1 crédito):
4.- A xestión do patrimonio medieval. Visións e retos.

Recomendacións para o estudo da materia

---