Materia

Fundamentos metodolóxicos e novas tecnoloxías

Créditos ECTS

6

Carácter

Obrigatoria

Curso / Cuadrimestre

1º Cuadrimestre

Competencias e resultados de aprendizaxe que o estudante adquire ao superar a materia.

· Coñecer a tipoloxía e casuística das fontes históricas, artísticas, lingüísticas e literarias, o seu adecuado tratamento, a súa inserción nos contextos respectivos e as distintas posibilidades que ofrece a análise sistemática destas fontes no ámbito investigador.
· Capacidade para empregar na investigación unha serie de procedementos instrumentais e de ferramentas técnicas e bibliográficas indispensables para o estudo.
· Impulsar o contacto con outras disciplinas que teñen como obxecto de estudo a Idade Media e inducir o alumno a reflexionar sobre a necesidade dunha aproximación comparatista e interdisciplinar.
· Capacidade para ler textos vertidos nas distintas escrituras empregadas no Medievo e para transcribilos correctamente.
· Coñecer os principais métodos para a recuperación e a edición crítica de textos medievais en lingua latina e en lingua vulgar.
· Adquirir a capacidade para realizar e utilizar edicións críticas de textos medievais latinos e romances.
· Coñecer e manexar fontes de información en soporte electrónico que permitan obter datos primarios e secundarios para as investigacións. Coñecer procedementos para unha maior difusión da produción científica tanto entre a comunidade investigadora como na sociedade en xeral.
· Coñecer o comparatismo como método definidor dos estudos de Filoloxía Románica. Capacidade para superar, no estudo da literatura, a perspectiva parcial que impuxeron as literaturas nacionais.

Profesorado

· Dra. Mariña Arbor Aldea (coordinadora)
· Dr. José Carracedo Fraga
· Dr. Santiago Gutiérrez García
· Dra. Mª. Angeles Novoa

Obxectivos

· Reforzar a formación teórica adquirida previamente para o estudo da historia, a arte, a lingua e a literatura medievais nas súas diferentes manifestacións.Capacidade para vincular as distintas modalidades de peregrinación e viaxe nas súas coordenadas históricas, políticas e doutra índole.
· Capacitar os alumnos para que adquiran os fundamentos metodolóxicos que definen as disciplinas apenas referidas e os seus métodos de análise máis relevantes. Establecemento de vínculos da literatura de viaxes con outros xéneros literarios medievais e coas diferentes manifestacións artísticas da época.
· Proporcionarlles aos estudantes unha visión panorámica de diferentes ferramentas informáticas de interese para os traballos do medievalista.

Contidos

A materia pretende aproximar o alumno á Filoloxía, Historia e Historia da Arte como disciplinas fundamentais para o estudo da Idade Media, á aprendizaxe do método que define a investigación nestas áreas de coñecemento e á praxe e manexo analítico das fontes históricas, artísticas e literarias. Dada a previsible heteroxeneidade do alumnado, o grao de afondamento en cada un dos temas variará segundo os intereses dos discentes, que serán avaliados e comentados na primeira sesión do curso; do mesmo modo, os contidos poden sufrir leves modificacións en función das necesidades dos estudantes.
Os contidos da materia organizaranse do seguinte xeito:
1. O desenvolvemento da Filoloxía Románica e as súas implicacións metodolóxicas e ideolóxicas: primeiros estudos sobre provenzalismo, comparatismo e estudos nacionais. O espazo cultural románico e a súa importancia para un estudo comparado da literatura. A literatura medieval románica como sistema interliterario.
2. Introdución á paleografía. Idade Romana: Nova Romana Común, Uncial, Semiuncial. A escritura visigótica. Modalidades caligráfica e cursiva. A escritura carolina. A escritura gótica. Abreviaturas e signos de abreviación máis usuais. Lectura e transcrición de documentos representativos (en latín e romance).
3. Crítica textual. A tipoloxía das edicións. Principais correntes metodolóxicas na edición crítica de textos. Estrutura e exemplificación do proceso crítico. Da teoría á práctica: particularidades da edición de textos en prosa e verso (en latín e en lingua romance).
4. Análise de recursos e ferramentas informáticas de interese para os estudos medievais: a) portais temáticos de Internet, b) estratexias de difusión científica na web 2.0., c) bibliotecas dixitais, d) córpora electrónicos, e) bases de datos de xestión bibliográfica e bibliografías electrónicas, f) software (sistemas de información xeográfica e tratamento informático de textos e imaxes).

Recomendacións sobre formación previa

Recoméndase ter coñecementos básicos de informática e capacidade para ler en diferentes linguas europeas.

Bibliografía

1. O desenvolvemento da Filoloxía Románica e as súas implicacións metodolóxicas e ideolóxicas.
Lucía Megías, J. M., "Literatura románica en Internet: los textos", Madrid, Castalia, 2002.
Lucía Megías, J. M.-Vargas Díaz-Toledo, A. (coords.), "Literatura románica en Internet: las herramientas", Madrid, Castalia, 2006.
Renzi, L., "Introducción a la Filología Románica", Madrid, Gredos, 1982 (1ª ed., 1976).
Roncaglia, A., “Reflessione sulla filologia romanza”, Atti dell’Accademia dei Lincei, Serie IX, IV, fasc. 3 (1993), pp. 441-450.
Rubio Tovar, J., "La vieja diosa. De la Filología a la posmodernidad (algunas notas sobre la evolución de los estudios literarios)", Alcalá de Henares, Centro de Estudios Cervantinos, 2004.

2. Introdución á paleografía.
Camacho Rueda, E., "Paleografía de lectura: curso práctico", Santander, Formación y Estudios de Cantabria, 1998.
"Introducción a la Paleografía y Diplomática general", Madrid, Síntesis, 2004.
"Jornadas de Ciencias y Técnicas Historiográficas (2006, Burgos). Paleografía I: La escritura en España hasta 1250", Burgos, Universidad, 2008.
Marín Martínez, T., "Paleografía y Diplomática", Madrid, UNED, 2002.
Novoa, M. A., "Nociones de Paleografía: Alfabetos", Santiago de Compostela, Tórculo, 1997.
Novoa, M. A., "Nociones de Paleografía: para alumnos de la asignatura", Santiago de Compostela, Tórculo, 1997.
Petrucci, A., "Prima Lezioni di Paleografia", Roma, Laterza, 2007.
Riesco Terrero, A., "Vocabulario científico-técnico de paleografía, diplomática y ciencias afines", Madrid, Barrero & Azedo Ediciones, 2003.

3. Crítica textual.
Avalle, d'A. S., "Principi di critica testuale", Padova, Antenore, 1978 (2ª ed.).
Avalle, d'A. S. "La doppia verità. Fenomenologia ecdotica e lingua letteraria del medioevo romanzo", Firenze, Edizioni del Galluzzo, 2002.
Blecua, A., "Manual de crítica textual", Madrid, Castalia, 1990.
Brambilla Ageno, F., "L'edizione critica dei testi volgari", Padova, Antenore, 1975.
Contini, G., "Breviario di ecdotica", Milano-Napoli, Ricciardi, 1986.
Hamesse, J. (ed.), "Les problèmes posés par l'édition critique des textes anciens et médiévaux", Louvain-la-Neuve, Université Catholique de Louvain, 1992.
Huygens, R. B. C., "Ars edendi. Introduction pratique à l’édition des textes latins du Moyen Âge", Turnhout, Brepols, 2001.
Orduna, G., "Fundamentos de crítica textual", Madrid, Arco Libros, 2005.
Pérez Priego, M. A., "La edición de textos", Madrid, Síntesis, 1997.
Roncaglia, A., "Principi e applicazioni di critica testuale", Roma, Bulzoni, 1975.
Sánchez-Prieto Borja, P., "Cómo editar los textos medievales. Criterios para su presentación gráfica", Madrid, Arco Libros, 1998.
Segre, C., "Semiótica filológica (Texto y modelos culturales)", Murcia, Universidad de Murcia, 1990.
Stussi, A. (ed.), "La critica del testo", Bologna, Il Mulino, 1985.
West, M. L., "Critica del testo e tecnica dell'edizione", Palermo, L'Epos, 1991.

4. Análise de recursos e ferramentas informáticas de interese para os estudos medievais.
Leonardi, L. (ed.), "Testi, manoscritti, ipertesti. Compatibilità informatica e letteratura medievale. Atti del Convegno Internazionale (Firenze, Certosa del Galluzzo, 31 maggio - 1 giugno 1996)", Firenze, Sismel, 1998.
Seminario de Historia Medieval, "Aragón en la Edad Media. Pescar o navegar. La Edad Media en la red. Sesiones de trabajo", Zaragoza, Universidad, Departamento de Historia Medieval Ciencias y Técnicas Historiográficas y Estudios Arabes e Islámicos, 2004.
Schreibman, S.-Siemens, R.-Unsworthusan, J. (eds.), "A Companion to digital humanities", Oxford, Blackwell, 2004.

Sitios web
- Bibliotecas e catálogos colectivos na web da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela: http://busc.usc.es/Recursos_en_Internet/Recursos_xerais/biblrede.asp
- Buscopium: Buscador medieval: http://www.metodosdebusca.com/buscopium/
- Digital Scriptorium: http://sunsite.berkeley.edu/Scriptorium/transcription.html
- Hispanomedievalismo (Recursos en liña: Literatura): http://www.waldemoheno.net/recursos.html
- Homepage accademica di Riccardo Ridi, professore associato di biblioteconomia: http://lettere2.unive.it/ridi
- Manuscripta Mediaevalia: http://www.manuscripta-mediaevalia.de
- PhiloBiblon: http://sunsite3.berkeley.edu/Philobiblon
- Spolia – Journal of medieval Studies: http://www.spolia.it
-Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades: http://www.cirp.es
-DIALNET: Servicio de Alertas y Hemeroteca Virtual de Sumarios de Revistas Científicas Españolas: http://dialnet.unirioja.es
-Portale di archeologia medievale: http://archeologiamedievale.unisi.it
-Reti medievali: iniziative on line per gli studi medievistici: http://www.retimedievali.it

Actividades formativas co seu contido en horas para o alumno

Actividades

Horas presenciais

Horas non presenciais dirixidas

Horas de traballo autónomo

TOTAL

Clases expositivas

18

5

20

43

Clases interactivas

24

10

30

64

Traballo escrito

--

12

25

37

Titorías individuais ou en grupo

6

--

--

6

TOTAL

48

27

75

150

 

Indicacións metodolóxicas específicas

A docencia da materia terá dúas vertentes: a primeira comprenderá unha serie de actividades formativas presenciais; a segunda contemplará un conxunto de actividades formativas non presenciais.
As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
· Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, que solicitará nas exposicións a participación activa dos alumnos. Para as explicacións empregaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
· Clases prácticas dedicadas á lectura e comentario de textos, á realización de exercicios nos que se apliquen os métodos e conceptos estudados e á análise práctica de diferentes ferramentas informáticas e recursos electrónicos. As clases serán orientadas polo profesor e contarán coa participación activa dos alumnos.
· Titorías en grupos reducidos e individualizadas; nelas ofreceráselles aos alumnos a orientación bibliográfica e metodolóxica pertinente para a realización dos traballos, e ofreceráselles, así mesmo, orientación para afondar nos contidos da materia.
As actividades formativas non presenciais incluirán:
· Principalmente, o traballo autónomo do alumno, que este organizará de forma persoal e libre e que lle facilitará a correcta adquisición dos contidos que configuran a presente materia. Este traballo debe incluír necesariamente a lectura e comprensión de textos, a busca e selección de material bibliográfico novo ou o adestramento no manexo das ferramentas informáticas, entre outros.
· Preparación dun pequeno traballo individual escrito sobre un tema concordado co docente, que poderá consistir na recensión dun libro ou artigo, na edición dun texto ou no comentario e análise dalgún dos recursos informáticos ou ferramentas presentados no curso. Para a realización deste traballo o alumno contará co seguimento do seu titor, que decidirá sobre a viabilidade do traballo que se pretende realizar despois de escoitar os docentes da materia.

Criterios de avaliación

Todos os alumnos deberán participar obrigatoriamente nas clases presenciais. Ademais, deberán tomar parte activa nelas, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a implicación dos estudantes na adquisición e asimilación dos contidos. Na avaliación, a participación activa e continuada do alumno en todas as actividades presenciais suporá un 60% da cualificación. O traballo escrito individual que os alumnos deben realizar, e que se describe na epígrafe precedente, suporá o 40% restante da cualificación total.

Observacións

Os profesores encargados da materia distribuiranse a impartición dos contidos da mesma do seguinte modo:

-Profesor S. Gutiérrez García. 1. O desenvolvemento da Filoloxía Románica e as súas implicacións metodolóxicas e ideolóxicas: primeiros estudos sobre provenzalismo, comparatismo e estudos nacionais. O espazo cultural románico e a súa importancia para un estudo comparado da literatura. A literatura medieval románica como sistema interliterario. 1 crédito ECTS.
-Profesora M. A. Novoa. 2. Introdución á paleografía. Idade Romana: Nova Romana Común, Uncial, Semiuncial. A escritura visigótica. Modalidades caligráfica e cursiva. A escritura carolina. A escritura gótica. Abreviaturas e signos de abreviación máis usuais. Lectura e transcrición de documentos representativos (en latín e romance). 2 créditos ECTS.
-Profesores M. Arbor Aldea-J. Carracedo Fraga. Crítica textual. A tipoloxía das edicións. Principais correntes metodolóxicas na edición crítica de textos. Estrutura e exemplificación do proceso crítico. Da teoría á práctica: particularidades da edición de textos en prosa e verso (en latín e en lingua romance). Profesora M. Arbor Aldea, 1 crédito ECTS. Profesor J. Carracedo Fraga, 0,5 créditos ECTS.
-Profesores M. Arbor Aldea-J. Carracedo Fraga. 4. Análise de recursos e ferramentas informáticas de interese para os estudos medievais: a) portais temáticos de Internet, b) estratexias de difusión científica na web 2.0., c) bibliotecas dixitais, d) córpora electrónicos, e) bases de datos de xestión bibliográfica e bibliografías electrónicas, f) software (sistemas de información xeográfica e tratamento informático de textos e imaxes). Profesora M. Arbor Aldea, 0,5 créditos ECTS. Profesor J. Carracedo Fraga, 1 crédito ECTS.

Recomendacións para o estudo da materia