Máster Universitario en Estudios Medievais Europeos:

 
 
Imaxes, Textos e Contextos
 
 

P5091V01

 
  Obxectivos  
   
· Ofrecer unha visión plural e integradora da cultura europea medieval nas súas diversas manifestaciones.
 
 
· Capacitar aos alumnos para adquirir un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudios medievais.
 
· Capacitar aos estudantes para abrir vías de investigación novas no ámbito dos estudios medievais.
 
· Facer posible que os estudantes colaboren ao desenvolvemento cultural europeo cos seus traballos de investigación a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural medieval nas súas diversas manifestacións.
 
· Contribuir ao desenvolvemento cultural de Galicia mediante a correcta valorización, interpretación e contextualización do legado medieval que posúe.
 
· Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
 
· Capacitar ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudios medievais, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
 
· Dotar aos estudantes das destrezas fundamentais para aproveitar e aplicar os coñecementos adquiridos e a correcta interpretación e difusión do legado cultural medieval
 
· Capacitar aos estudantes para establecer relacións mutuas entre os principais eixos que configuran a oferta académica, histórica, artística e lingüístico-literaria.