Dra. Elvira Fidalgo Francisco

Catedrática de Universidade

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

Despacho: 207

Teléfono: +34 8818 11825 (ext.)

E-mail: elvira.fidalgo@usc.es

Ligazóns: Horario de clases

CV | ORCID | Academia.edu

 

Catedrática de Filoloxía Románica desde 2020, na súa traxectoria docente ten compaxinado o ensino de materias de ámbito lingüístico e literario, en diversos xéneros e períodos cronolóxicos. A súa investigación xira ó redor de tres eixos esenciais: a poesía trovadoresca galego-portuguesa, a literatura haxiográfica e, de maneira particular, as Cantigas de Santa Maria, tres aspectos que xa estaban presentes na súa tese de doutoramento.

 

Con cinco sexenios de investigación recoñecidos, tanto os seus catro libros publicados como os numerosos artigos derivados das devanditas liñas de estudo poden consultarse en www.usc-es.academia.edu/ElviraFidalgoFrancisco

 

Dirixiu ou participou en numerosos proxectos de investigación financiados por diversas entidades públicas, sempre relacionados dun modo ou outro coa poesía medieval galego-portuguesa. Así mesmo, tutelou varios traballos de investigación, desde TFM a Teses de Doutoramento, e foi Coordinadora -e redactora da memoria- do Programa Oficial de Posgrao Interuniversitario Máster en Edición (2008-2013). Actualmente segue a dirixir o Proxecto Cantigas de Santa María que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

 

Paralelamente, desenvolveu un intenso labor de xestión na área de Filoloxía Románica, no Departamento, na Facultade e na Universidade (Vicerreitora de Cultura da USC (2009-2011). Como Directora Académica de Cursos Internacionais (2002-2004), traballou no eido da aprendizaxe de español como segunda lingua (E/LE) e entre 2006 e 2015 foi a Coordinadora do equipo que redactou a normativa e as probas para a obtención das actuais certificacións autonómicas de coñecemento de galego (Celga), referenciadas ao MCER, así como os materiais para a preparación e a avaliación das mesmas e diversas publicacións derivadas.

 

Entre 2013 e 2017 foi Vicepresidenta da Asociación Hispánica de Literatura Medieval (AHLM) e forma parte do Comité Científico de diversas revistas especializadas e doutros tantos Congresos internacionais celebrados nos últimos anos.